Poema de hoxe 147: “Aldraxe contra a xistra” de Manuel María
O noso país sigue a durmir
debaixo dun mantelo
de escurísima brétema.
Manuel María, Aldraxe contra a xistra (Edicións Roi Xordo, 1973)
Poema de hoxe 147: “Aldraxe contra a xistra” de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
O noso país sigue a durmir
debaixo dun mantelo
de escurísima brétema.
Manuel María, Aldraxe contra a xistra (Edicións Roi Xordo, 1973)
Poema de hoxe 146: “No outono o mundo” de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Nós somos un pobo
que podemos falar e entendernos
coas nubes, coas fragas, cos camiños,
co mar, cos ventos, coas fontes
e dialogar cos vivos e cos mortos.
Por iso a nosa patria
non é soio un anceio
é esta terra real na que soñamos.
Manuel María, Brétemas do muiñeiro e poema da néboa aferrollada (1980)
Poema de hoxe 145: “Esta brisa máxica” de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Que palabra purísima
poderei crear pra nomeala?
Que palabra ou silencio
pra dicir con xusteza
o seu tremor de lúcida alborada?
Manuel María, Os lonxes do solpor (1993, 2012)
Poema de hoxe 144: «Sei o que vale un verso» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Un verso nunca vale
o que vale o chío dun paxaro,
nin ten a forza dun río
ou o poder arrepiante dunha bala.
Pero eu sigo fidel, encadeado
á música amorosa das palabras.
Manuel María, Remol (1970)
Poema de hoxe 143: «De amictia» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Unicamente somos nos demais
cando a flor rara e marabillosa da amizade
nos abre, enche a agranda o corazón.
Manuel María, A luz resucitada (1984)
Poema de hoxe 142: «A brétema» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Non hai brétema como esta:
é fría como a xeada.
brétema pingona e mesta
como a noite de pechada.
Manuel María, Terra Chá (1954)
Poema de hoxe 141: «A entrega» de Manuel María/en Autores, Lingua, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
E podo afirmar coa boca chea:
paisaxes, cousas e animais
falan galego.
Só en galego
se pode comprender e posuír
a total plenitude desta terra.
Manuel María, Oráculos para cabaliños do demo (1986)
Poema de hoxe 140: «Poema» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A estrela é inmutabel en si misma.
A estrela ten sentido.
Manuel María, Advento (1954)
Poema de hoxe 139: «O meu cuarto» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A vida ten que entrar nun
para que un entre na vida!
Manuel María, As rúas do vento ceibe (1979)
Poema de hoxe 138: «Testemuña» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Lingua, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Agardo, ano tras ano, pola rosa
que ten de agromar fermosa e branca
para xustificar así a miña vida
escura e caladiña baixo o vento
sutil e misterioso da saudade.
E falo decote nesta música
na que canta Galiza dende sempre.
Manuel María, «Testemuña» (1956)
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).