Día Escolar da Paz e a Non Violencia
/en Dereitos_humanos, Educación, Efemérides, Sociedade/por bretemasCada 3o de xaneiro as escolas énchense de carteis e globos pola paz. A celebración deste “Día da Paz” remóntase en Galicia a 1982, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz no Colexio Público García Barbón. Unha iniciativa que prendeu como lume esperanzado na sociedade escolar galega. Os actos alegóricos como a solta de pombas ou globos no patio de cada centro; a confeción de carteis; a elaboración de manifestos; as cadeas humanas na rúa do Príncipe de Vigo; a realización de programas de radio foron algunhas das actividades que se desenvolvían nesta xornada reivindicativa e que agora son unha rutina que non falta en ningún centro educativo.
Daquelas primeiras celebracións dos oitenta xerminou o movemento galego de educadores pola paz, que dende entón celebra cada ano os seus encontros e promove investigacións, materiais didácticos e publicacións que desenvolven unha cultura para a paz e para a educación nos dereitos humanos. Fito sobranceiro do compromiso destes educadores e educadoras foi Construír a Paz. Cultura para a paz; un proxecto interdisciplinar promovido polo profesor Xesús R. Jares, o infatigable motor e estudoso deste movemento, no que participaron máis de cento trinta persoas de todo o mundo, que se plasmou nun libro solidario do mesmo título, editado por Xerais (1996), e nunha exposición de pintura, escultura, fotografía e ilustración que percorreu as cidades galegas. Aquel proxecto, colectivo e solidario –os beneficios tirados da venda do libro e das obras de arte empregáronse para apoiar un programa de educación para o desenvolvemento no Brasil–, contribuíu a irradiar dende Galicia unha mirada global sobre a paz, tratando de repensar esta idea en todas as esferas e ámbitos da acción humana.
Neste comezo de século da chamada era da información e do coñecemento persiste a vulneración dos dereitos humanos en todos os continentes, rebrota a xenofobia e a aporofobia, profundízanse os desequilibrios entre o Norte e o Sur do planeta, institucionalízase a pobreza, a marxinación e a exclusión de amplos sectores da poboación, e non cesan os conflictos bélicos en máis cincuenta puntos do planeta. Vivimos nun tempo que require unha auténtica mobilización mundial, onde a nosa actitude cívica non pode ser nin a da resignación nin a da indiferencia.
Este 30 de xaneiro de 2007 é especialmente emotivo para min xa que acelebramos o vinte e cinco aniversario dunha data que debe servir para reflexionar no entorno escolar sobre a triste situación do mundo. Co mesmo motivo, acompañarei a Jares a Lugo, onde presentaremos a terceira edición de Aprender a convivir, que serve de referente para o programa “Vivir xuntos. Convivir” promovido polo concello de Lugo nos centros escolares. Sabemos das limitacións destas efemérides, no entanto en poucas ocasións pode ser tan necesario parar a rotina escolar, aínda que sexa só por unhas poucas horas, e pensar cara onde imos.
Bibliotecas escolares
/en Bibliotecas/por bretemasXavier Queipo
/en Cidades, Iniciativas, Poesía, Presentacións, Xerais/por bretemasLa Voz de Galicia anuncia hoxe que Xavier Queipo formará parte dun grupo de nove poetas de todo o mundo co que Bruxelas, a cidade sede das institucións europeas, “quere lucir, fomentar e fachendear da súa multiculturalidade e da súa condición de urbe internacional, multirracial e multilingüística. Os versos de Queipo, inéditos e escritos expresamente para a ocasión xunto aos doutros oito poetas de orixe española, marroquina, camerunesa, belga e rumana, serán expostos en grandes paneis por toda a cidade, que unirá así, baixo o común denominador da poesía, o espírito de seis linguas, coas que pretende dar fe da pluralidade idiomática que a conforma”. Unha iniciativa a emular. Queipo viaxará a Galicia os días 8 e 9 de febreiro para participar en Santiago e Vigo nos actos de presentación de Dragona, a súa máis recente novela. Informaremos da obra e destes actos, onde haberá moita música, nos vindeiros días. Parabéns para Xavier!
As voltas do Plan
/en Arquitectura, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana volvo coa cuestión do PXOM vigués. Tal como se desenvolveron os argumentos desta semana, cómpre unha inflexión da posición de todos os grupos. Neste contexto de emerxencia, propoño a constitución dunha mesa permanente dos catro grupos municipais para realizar un seguimento consensuado dos traballos de subsanación das deficiencias. Difícil (pensarán algúns), mais imprescindible, se queremos saír deste atasco endémico.
Carod Rovira presentador dun libro galego
/en Gastronomía, Presentacións, Xerais/por bretemasMartín Códax
/en Cultura, Gastronomía, Presentacións, Sociedade/por bretemasO presidente da sociedade de viticultores ensinounos as instalacións de Burgáns (permanentemente en obras de ampliación), que hoxe xa teñen unha capacidade para catro millóns de litros dos seus tres viños: Martín Códax, Burgáns e Organistrum. Chamoume a atención o coidado arranxo didáctico da Sala de Cata (un auténtico laboratorio para poñer a proba os sentidos e o interese pola cultura do viño) e a disposición da cava onde envellece o Organistrum (acompañado de múltiples referencias culturais).
A sorpresa para min foi a posta en marcha dunha bodega no Bierzo (alugaron unha bodega en Cacabelos), desde onde puxeron no mercado xa dous mencías: Martín Sarmiento e Cuatro pasos (non tivemos oportunidade de probalos, mais a presentación da botella, o deseño das etiquetas e as notas de cata son moi atractivos).
Mención á parte merece o labor cultural das Bodegas. Durante moitos anos promoveron o premio de poesía que levaba o seu nome (editado por Galaxia) e apoiaron un grupo de música antiga homónimo. Actualmente a súa sede constitúe, como sinalou Ramón Caride, o auténtico “Ateneo libertario de Vilariño”, xa que alí se realizan numerosas presentacións de libros, conferencias e outros eventos. Un modelo moi interesante de maridaxe entre o viño e a cultura.
Vari Caramés: escenarios
/en Artes Visuais, Exposicións/por bretemasEn Brétemas hai un ano, hai dous anos… (II)
/en Hai.../por bretemas- Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre o control da calidade na revisión de estilo dos orixinais e na corrección de probas con excelencia e eficacia. Mágoa que aínda non estea en marcha ese posible selo oficial de control de calidade no tratamento dos textos ao que faciamos referencia. Esta cuestión segue sendo unha das cuestións a mellorar no noso traballo.
- Hai dous anos dabamos conta da aparición do Almanaque ZZ 2005, o título de maior tiraxe anual da edición en galego (sobre uns 90.000 exemplares), que, porén, ao non tratarse dunha edición non venal non computa nas estatísticas da nosa edición. Hai uns meses, cando estivemos na homenaxe a Lorca en Lugo, mercamos nas casetas do san Froilán a edición d’ O gaiteiro de Lugo. Os almanaques agrícolas, a pesar da crise do modelo de vida rural tradicional, continúan vivos.
A casa de Lola de Andrés
/en Arquitectura, Cine, Presentacións, Sociedade/por bretemasSINOPSE
O pasado non o hai que perdelo de vista porque para entendermos quen somos e para ir cara adiante sempre hai que telo presente. A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda. Baixo a fachada de prosperidade económica o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falla de industrias, a desestruturación económica e a especulación perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total ao contorno, un contorno que en certa medida é o que nos di quen somos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.
- Lar20 de Novembro de 2024 - 10:22 a.m.
- Festa do cabazo19 de Novembro de 2024 - 9:45 a.m.