A Casa das Mil Portas
/en Uncategorized/por bretemasRecomendo moito esta viaxe que permite coñecer un mundo literario, incomprensiblemente, pouco frecuentado por nós. A navegación da páxina é moi amigable.
Esta experiencia podería ser emulada no noso bloogmillo?
Nova web da AGE
/en Internet/por bretemasPalabras finais
/en Política/por bretemasVai de mar
/en Cidades, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasOs membros da delegación galega xa fóramos moi mimados durante toda a xornada. As palabras de acougo e agarimo foron constantes e o aplauso, que pechou as intervencións de Pilar e Xosé na presentación ao mediodía de Vai de mar (A ilustración galega no século XXI), tan intenso e prolongado, que chegou a emocionarnos a todos. A exposición foi outro motivo de orgullo dun día que non esqueceremos.
Pura e Dora escritoras na súa terra
/en Autores/por bretemas“A poesía é unha forma que ten o home de orar, non sei a qué, pero de orar”, dicía hai uns anos o escritor Álvaro Mutis. E esa oración laica, aberta, participativa, prego de beleza e de autenticidade, encárnase cada ano como encontro colectivo nas homenaxes que desde 1995 celebra a Asociación de Escritores en Lingua Galega baixo a cabeceira O Escritor na súa Terra: cita que contou xa con nomes tan egrexios como Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, Luz Pozo, Salvador García-Bodaño, Neira Vilas e Manuel María, entre outros.Este ano son dúas mulleres, Pura e Dora Vázquez, As escritoras na súa terra, e en Ourense, onde teñen unha rúa co seu nome desde 1995, recibirán o recoñecemento dos seus amigos e lectores coa plantación no Parque Barbaña de dous camelios, árbore que tanto amaron sempre, e unha Pedra Escultórica que inaugurará alí a Fervenza dos Poetas. Símbolo chamado a converterse en lembranza permanente como aqueloutra Pedra do tempo cantada por Pura: “Pedra dura do Tempo en desafíos. / Dos milenios chovendo corredíos/ no destempo, o devir onde pervive. / Trasustanciada voz a que nos fala/ da longuísima historia que a recala. / Dunha enlevada man que un nome escribe”.
Albixoi
/en Blogs/por bretemasMariza transparente
/en Música/por bretemasCongreso Ibérico de LIX
/en Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Valencia, 27-30 de xuño de 2005
Máis blos sobre libros
/en Blogs/por bretemasPeriodistas 21 abriu un wiki de blos sobre libros e literatura. Mágoa que haxa apenas galegos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- STEM galega9 de Outubro de 2024 - 9:58 a.m.
- Vigo, cidade do peixe8 de Outubro de 2024 - 10:24 a.m.
- Parteiras2 de Outubro de 2024 - 11:38 a.m.
- Porteiro pioneira1 de Outubro de 2024 - 11:37 a.m.
- Aspas ao rescate1 de Outubro de 2024 - 11:29 a.m.