A Casa das Mil Portas

Fedellando no blo de George Cassiel descubro o proxecto colectivo d´A Casa das Mil Portas, onde máis dun centenar de blogueiros portugueses e brasileiros publican os seus microcontos (unha historia en prosa contada con menos de cincuenta caracteres).
Recomendo moito esta viaxe que permite coñecer un mundo literario, incomprensiblemente, pouco frecuentado por nós. A navegación da páxina é moi amigable.
Esta experiencia podería ser emulada no noso bloogmillo?
3 comentarios
  1. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    Non é o mesmo, pero isto faime recordar que eu alá pola prehistoria convidei aos amábeis leitores a participar en certos xogos creativos sen pretensións, como este ou ese. Un día até lles propuxen que fixeran haikus; o mellor de todo é que non se negaron.

Los comentarios están desactivados.