Entradas por bretemas

Tocadoras

O éxito de celebración educativa das cantareiras neste 17 de maio obedece á admiración do profesorado pola figura poderosa destas mulleres libres coa pandeireta na man. Mercedes Peón, investigadora, compositora e tamén pandeireteira, reclama en Somos pandeireteiras (Xerais 2025) para elas o nome de tocadoras e «mulleres donas da palabra, donas do serán e da […]

Chiflaso

Nunha tarde que comezou encunillada e rematou luminosa e feliz, o Celta de Giráldez deu un contundente chiflaso aos seus perseguidores de que collía velocidade en dirección a Europa. Un destello luminoso de grande intensidade e inequívoca intención colectiva ao que non foi allea a dificultade engadida que supuxo xogar diante do Sevilla, a metade […]

Salvar a lingua

Non comparto a idea de facer un concurso de ideas entre «persoas expertas» como o convocado pola consellaría de lingua coa intención de salvar o galego da que semella plácida extinción, unha vez erradicado da escola e da transmisión familiar. Nin tampouco as posicións galeguistas que diante da incapacidade do sistema educativo público para garantir […]

45 primaveras máis

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao 45 aniversario do discurso Mil primaveras máis de Álvaro Cunqueiro: Lémbrame o meu amigo o editor Bieito Ledo de que o pasado 24 de abril fixéronse 45 anos da homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que organizara como xerente da editorial Galaxia. Motivou aquel recoñecemento, no que […]