Entradas por bretemas

Cartabón 40

Cartabón, a libraría viguesa dos Choróns, fixo corenta anos. Os seus libreiros vocacionais, Gonzalo Pérez Nieves e Maribel Tato Sánchez, celebraron esta continuidade cun concerto da coruñesa Orquestra bravú Xangai. Unha conexión pangalaica, entre o Vigo e A Coruña máis populares, como corresponde a esta libraría de barrio, polo tanto educativa e infantil e xuvenil, […]

5,70 % en galego

No informe de resultados sobre hábitos de Lectura e Compra de Libros en Galicia 2024, encargado pola Consellaría de Lingua e Xuventude, o que merece parabéns, destacan dous datos. O primeiro: a poboación galega lectora, a partir dos 14 anos, é de 69,50 %, unha porcentaxe elevada, superior ao 65,30 % do ano anterior, nos […]

O carballo de Padroso: memoria e amizade

Árbore sagrada das culturas celtas atlánticas, tamén o é de Inglaterra, Alemaña, o carballo atlántico, Quercus robur, é a insignia verde de país de noso. Dende época romana, tamén o foi do País Vasco, onde o carballo, en éuscaro haritza, forma parte do escudo da Euskaltzaindia, Academia da Lingua Vasca, ademais do carácter político do […]

Clásicos

Desde que en 1982 Bieito Ledo, xerente entón de Galaxia, publicou a Biblioteca Básica da Cultura Galega de 50 títulos, co apoio das catro deputacións, foron varias as iniciativas que ofreceron ao público as obras cimeiras da literatura galega, xunto a outras relacionadas coa historia, economía, cultura popular e lingua. Reeditada en 1999 por Ir […]

A B.S.O. de Eladio e os seres queridos

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación do disco B.S.O. (2005-2025) de Eladio y los seres queridos: Vigo é unha potencia musical, unha cidade con moi diversas bandas sonoras, onde os seus públicos aprecian e respectan aos seus músicos. Non coñezo ningunha outra que conte con dúas orquestras privadas, a Clásica […]

Escultura en Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación de Escultura pública en Vigo de Mercedes Bangueses: Entre as novidades editoriais que se presentan na feira do libro de Vigo, inaugurada hoxe na praza de Compostela, destaca Escultura pública en Vigo (Instituto de Estudios Vigueses, 2025) da que é autora Mercedes Bangueses Vázquez. […]

Booktrailers

Hai case dúas décadas que en Xerais esforzabámonos por facer publicidade das novidades literarias empregando a linguaxe audiovisual, procurando a visibilidade da que carecían na propia TVG. Así naceron en 2006 os anuncios de Home sen nome de Suso de Toro e d’ Os libros arden mal de Manuel Rivas. Dúas pezas de 21 segundos, […]