Entradas por bretemas

Mary Quintero no Museo do Mar

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición antolóxica do traballo de estudio da fotógrafa Mary Quintero: Tras as homenaxes recibidas en 2015 cando foi recoñecida como «fotógrafa histórica» pola Deputación da Coruña, cando o Consello da Cultura Galega lle dedicou unha xornada de estudo e as súas amizades tributáronlle un xantar […]

Baixar as ratios

O principio do benestar emocional do alumnado no marco dunha escola inclusiva que atende a diversidade constituíuse tras a pandemia no eixo do discurso educativo do goberno Rueda. Mágoa que semellante proposta, un espazo seguro de acordo das comunidades educativas, se atendemos aos recursos destinados para ela pola administración galega, quedase xa ao comezo de […]

Mayday

Diante do Atlético de Simeoni o Celta de Benítez volveu naufragar, incapaz de facer fronte ás múltiples desgrazas da travesía do serán do pasado sábado. Outra severa derrota en Balaídos que condena ao Celta ás posicións de descenso e afonda máis nunha crise deportiva que co barco nas pedras Marián Mouriño debe afrontar antes da […]

Xaquín Marín

Coincidindo co seu 80 aniversario, Xaquín Marín recibiu a homenaxe nacional organizada polas asociación culturais galegas que merece un dos grandes cidadáns galegos do noso tempo. Xenio extraordinario e virtuoso do debuxo, da ilustración, da pintura e do humorismo gráfico, ademais de pioneiro e fomentador da banda deseñada galega, todo dende hai seis décadas e […]

Premiadas

Non obedece a azar ningún que nas últimas semanas catro creadoras galegas foran recoñecidas pola excelencia do seu traballo artístico. Refírome, claro está, á dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática pola peza As alumnas (Galaxia, 2022); á poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía polo libro de poemas Materia (Xerais, 2022); á catedrática […]

Lembrando «A Pizarra»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar a publicación hai corenta anos do primeiro número d’ «A Pizarra», o semanario de educación de Faro de Vigo O 5 de outubro de 1983 apareceu “A Pizarra”, o semanario de educación de Faro de Vigo, coordinado polo xornalista José Antonio Perozo, que contaba […]

Catálogo galego

Das cifras sobre a edición en galego, que presentei a pasada semana no XX Simposio o Libro e a Lectura da AGE, salientei tres que retratan o noso sector editorial nas últimas catro décadas. A primeira: os 16.600 títulos que en 2021 conformaban o catálogo do libro galego, cifra cinco veces superior á de hai […]