Estrea inquedante
Estaba todo preparado onte en Balaídos. O estadio lucía precioso, a temperatura era ideal, o horario moi cómodo, domingo ás cinco da tarde, o mellor dos posibles, a nova grada de Marcador amosábase animadísima de peñistas celestes aos que facía contrapunto algareiro un nutrido grupo de visitantes vermellos en Río Alto (que marcharían encantados pola […]

