Datos da edición en galego (1983-2023)
Para arquivo e consulta pode baixarse en pdf o documento Datos da edición en galego (1983-2023) que utilizarei no Simposio O Libro e a lectura da AGE (27/09/2023).
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6838 entries already.
Para arquivo e consulta pode baixarse en pdf o documento Datos da edición en galego (1983-2023) que utilizarei no Simposio O Libro e a lectura da AGE (27/09/2023).
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo aos datos do estado da lingua en Vigo: Das sete cidades galegas, Vigo é onde menos galego se fala: apenas o 15,4 % da poboación viguesa afirma ser usuaria prioritaria do galego (o 49,3 % en Galicia), segundo datos da enquisa do Instituto Galego de Estatística […]
Sigo con admiración a mobilización do profesorado portugués iniciada o pasado curso en defensa da escola pública de calidade e da dignidade da súa carreira profesional. Utilizando a etiqueta «Amamos a escola» nas cartelas das manifestacións diante das escolas e na comunicación en redes, a campaña intensificouse esta semana co retorno ás aulas, agravado pola […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á saca da curva de Puxeiros do 15 de setembro de 1936: Como é de xustiza, o 27 de agosto lembrouse no cemiterio de Pereiró aos dez executados contra o seus muros tal mañanciña de 1936. Execucións tras a causa 124/1936, pola que foron levados a […]
Pasada a pobre celebración do Centenario, sen concerto de Iván Ferreiro nin libro conmemorativo da historia nin sequera romaría popular celtista, e do que por ventura xa queda só na bancada a emoción coral do himno de Ce Tangana, o Celta de Benítez recibiu onte un baño da crúa realidade que o agarda. Unha lección […]
Dúas das obras que lin no verán con maior interese, a novela Ninguén queda (Euseino? 2022) de Brais Lamela, docente de literatura na Universidade de Yale, e o ensaio Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (Xerais 2023) de Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e investigadora do Centro Médico de Texas, Houston, foron escritas desde […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición de Elina Molins e Blanca Chao comisariada por José Luís Mateo: Hai xa doce anos que no Pazo Arias Taboada, a edificación de traza barroca (século XVII) máis antiga do Casco Vello alto, se instalou a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. Ideada como espazo […]
Nos centros educativos participei en conversas en contextos formais, fose en claustros, reunións, cursos ou entrevistas e xuntanzas con familias, nas que algunha das participantes que decote fala galego deixa de repente de facelo cando outra persoa se expresa en castelán. Un comportamento atribuíble a unha mal entendida «cordialidade lingüística» que no contexto das dúas […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao carácter turístico de Vigo: Dende hai máis dun século, o desenvolvemento industrial, portuario e comercial de Vigo foi acompañado polo carácter turístico da cidade. Avelino Rodríguez Elías, cronista oficial da cidade de Vigo durante unha década (1926-1936), salientaba nos seus artigos que Vigo era o […]
O compromiso da presidenta do Congreso para utilizar o catalán, o galego e o éuscaro na cámara baixa constitúe unha oportunidade para iniciar en todo o estado o complexo desarme dos prexuízos existentes sobre o uso destas linguas oficiais en cadanseu territorio autonómico. Promovido polos partidos nacionalistas e asumido por PSOE e Sumar na formación […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
