Entradas por bretemas

O entroido dos Tarteiras

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a facer memoria sobre a celebración do entroido en Vigo: Debemos á pluma lizgaira de Xosé María Álvarez Blázquez a crónica da celebración do Entroido de Vigo de 1877, catro días nos que a Sociedade Carnavalesca botou a casa e todos os farrapos vellos pola xanela. […]

Oblakazo

Cando baixabamos de Río Alto, un exercicio non exento de risco, non solucionado polo momento coa reforma do estadio, escoitei a moitos celtistas lamentar o inxusto do resultado dun partido no que o Celta mereceu moito máis, canto menos un empate. Con todo, o lamento non expresaba nin o desgusto nin o enfado de derrotas […]

8 % en galego

Na sección semanal «Contafíos» de Nós diario actualizo os principais e máis recentes datos (2021) do comercio interior do libro en galego: Ás portas da celebración do corenta aniversario da creación da Asociación Galega de Editoras (AGE), o seu presidente, Henrique Alvarellos, confesou decepcionado no Zigzag que o libro en galego, excluído os manuais escolares, […]

Río Arnoia

Hoxe iniciei a sección semanal «Contafíos» en Nós diario cunha lectura de Río Arnoia (Ir Indo 2022), o libro de grande formato do fotógrafo Plácido L. Rodríguez e do escritor Xosé Benito Reza: Na Galicia dos dez mil ríos de Álvaro Cunqueiro, o Arnoia ten a singularidade de protagonizar un paradoxo xeográfico, xa que nace […]

Vigo, cidade pedramol

Tras a presentación de Vigo, abella da ribeira, dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao pedramol: Na presentación de Vigo, abella da ribeira (Xerais 2023), tras as brillantes intervencións dos escritores Fran P. Lorenzo e Oriana Méndez, como despois das miñas palabras como autor desta nova escolma de artigos de Campo de […]

Facedores de imaxes

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro de Vítor Vaqueiro sobre as figuras dos fotógrafos Filippo Prosperi e Cándida Otero: Ademais da biografía de José Gil, que recomendamos a pasada semana, acaba de aparecer nas librarías outra peza valiosa na bibliografía viguesa, Facedores de imaxes (Galaxia 2022), o magnífico libro-álbum no […]

José Gil, pioneiro do cine

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de José Gil, fotógrafo e precursor do cinema en Galicia: Entre as publicacións recentes da bibliografía viguesa destaca Nos días encantados de agosto (Galaxia 2022), unha biografía de José Gil preparada por Manolo González. Un libro referencial para desvelar o ronsel esquecido do precursor […]