Entradas por bretemas

Galego no Congreso

O compromiso da presidenta do Congreso para utilizar o catalán, o galego e o éuscaro na cámara baixa constitúe unha oportunidade para iniciar en todo o estado o complexo desarme dos prexuízos existentes sobre o uso destas linguas oficiais en cadanseu territorio autonómico. Promovido polos partidos nacionalistas e asumido por PSOE e Sumar na formación […]

Catro séculos con San Roque

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á romaría de San Roque: Ás familias Beleiro O dezaseis subimos a San Roque, a primeira e máis antiga das romarías viguesas, enraizada en 1569 cando a peste asolou a vila. Documentada na cláusula pía do testamento de Gaspar Méndez de Soutomaior de 1622, a devoción […]

Competimos no Centenario

Foi o do venres un serán celtista cento por cento, tanto na previa musical do Centenario coa participación no palco de Dakidarria e Keltoi, trobadores do celtismo contemporáneo, como despois co agre resultado no tapiz do Fragoso cun Madrid rochoso que por riba contou cos suplementos decisivos do equipo arbitral e da deusa Fortuna. Apenas […]

Pioneira

Continuando co seu labor de facer visible o traballo das galegas nas letras, a Plataforma de crítica literaria A Sega homenaxeou a pasada semana a Aurora Marco, autora dunha amplísima obra de investigación que desvelou as historias de vida e deu voz a tantas precursoras e pioneiras que até agora permanecían silenciadas ou esquecidas. Homenaxe […]

Vigo 1923

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao Vigo do centenario do Celta: Mañá, 23 de agosto, fanse cen anos da asemblea constituínte do Club Celta na que se aprobaron os seus estatutos e documentos fundacionais. Celebrada ás dez da noite nos locais da Federación Gremial de Patróns, situados na Casa de Pedro […]

O carné de Emiliano

Teño a fortuna de conservar un dos primeiros carnés do Celta do meu pai. Datado en decembro de 1950, corresponde ao socio número 1.572, co asento número 90 da fila 8 da Grada de Río. Daquela Emiliano Bragado traballaba de dependente de comercio na camisaría Calvo da rúa do Príncipe. Pola numeración, estimo que entón […]

Llegim!

O Consell de Govern da Generalitat de Catalunya do 14 de xullo aprobou «Llegim!», plan nacional do libro e da lectura, froito dun proceso de diálogo e planificación compartido polas consellerías de Cultura e Educación, no que participaron os membros do Consello nacional de lectura pertencentes a un cento de entidades públicas e sectores culturais […]

Tranvías eléctricos de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación do libro Tranvías eléctricos de Vigo de Diego Amoedo e Iria Vergara: Entre a bibliografía recente de temática viguesa cómpre reparar en Tranvías eléctricos de Vigo. A Compañía que vertebrou Vigo (Newt, 2022), libro álbum de coidado acabamento artesán, escrito por David Amoedo e […]

Estrea inquedante

Estaba todo preparado onte en Balaídos. O estadio lucía precioso, a temperatura era ideal, o horario  moi cómodo, domingo ás cinco da tarde, o mellor dos posibles, a nova grada de Marcador amosábase animadísima de peñistas celestes aos que facía contrapunto algareiro un nutrido grupo de visitantes vermellos en Río Alto (que marcharían encantados pola […]

A outra xente

Suzanne Simard descubriu que as árbores dun bosque comunícanse entre si, sobre todo, entre unha árbore madura e os seus fillos. A ecóloga forestal canadense identificou as «árbores nais», aquelas que actúan como núcleos dunha rede de micorrizas por cuxos micelios vai e ven información (sinais bioquímicas e eléctricas) entre exemplares de diferentes especies. Deste […]