Entradas por bretemas

Outro Vigo do libro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao fracaso da instalación da Feira do Libro de Vigo no Calvario: O traslado da Feira do Libro de Vigo á rúa peonil do Calvario resultou un fracaso. A participación de apenas nove expositoras, das que só seis eran vendedoras, a ausencia das librarías viguesas máis […]

DoCampo

Tras cinco anos do pasamento do escritor Xabier DoCampo continúa emocionando escoitar a súa derradeira intervención, que unhas poucas semanas antes realizara no Teatro Principal de Compostela, cando na Gala do libro galego recibiu o premio ao mellor libro de narrativa por A nena do abrigo de astracán (Xerais 2017), a novela coa que homenaxeou […]

Da Calzada ao Casco Vello

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación de Da Calzada ao Casco Vello de Vigo (Xerais 2023) de Jorge Lamas: Coincidindo coa celebración da (estreita) Feira do Libro de Vigo aparece Da Calzada ao Casco Vello de Vigo. Un paseo a pé pola historia e a arquitectura (Xerais 2023), o novo […]

Un libro na man

Coincidindo coa publicación do Manifesto da revista Luzes do mes de maio dedicado á precaria situación do libro galego, Manuel Rivas lanzou nas redes unha iniciativa viral baixo a consigna: «A mellor protesta, un libro na man». Dende entón foron numerosas as fotos  de persoas erguendo un libro coa intención de expresar o seu malestar […]

A escola do Faro

Dedico o artigo semanal de Faro de Vigo ao proxecto editorial Faro da Escola: Teño participado en moitas entregas de premios, mais ningunha tan concorrida e participada polo público infantil como a que vivín o pasado 13 de xuño nas bancadas do pavillón municipal de Travesas, que pechaba a oitava edición de Faro da Escola, […]

Sector estratéxico

Neste mes celébrase o corenta aniversario da Asociación Galega de Editoras (AGE), primeira asociación profesional do sector do libro. Foron cinco as asinantes da acta fundacional, Galaxia, Xerais, Alvarellos, Xistral e Sotelo Blanco, ás que se sumaron outras catro entidades, Escola Aberta, Fundación Barrié, Imprenta Neira e Libro de Oro (Librouro). Presidida primeiro por Bieito […]

Quédanos a palabra

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao concerto de Paco Ibáñez con motivo do centenario do poeta Carlos Oroza: Con motivo da celebración do nacemento do poeta peripatético Carlos Oroza celebrouse no Auditorio Mar de Vigo un histórico recital do cantautor Paco Ibáñez. Organizado pola viguesa asociación cultural Évame Oroza, no inicio […]

Cláusula polo galego

Na pasada noite electoral das sete persoas que ocuparán as alcaldías das cidades, apenas as de Compostela e Pontevedra, que corresponderán ao BNG, cando agradeceron o apoio da súa veciñanza, falaron en galego. Tanto as futuras alcaldías socialistas de Vigo, A Coruña e Lugo como a popular de Ferrol e a excéntrica candidatura máis votada […]

Salvámolo nós

Unha pancarta de Centolos celestes resumía o que foi o desenlace dramático desta tempada do Celta: «Salvámolo nós». E abofé que na noitiña do domingo foron 23.365 celtistas as protagonistas desta operación de rescate. Seareiros incansables que nunca perderon nin a fe nin a ilusión, participantes nos adestramentos en Mos, no apoteótico recibimento ás portas […]