Entradas por bretemas

Mil grúas para Hiroshima

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar o 78 aniversario dos bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki: A estrea de Oppenheimer, a longametraxe de Cristopher Nolan, coincide coa lembranza dos bombardeos atómicos sobre as cidades de Hiroshima, o 6 de agosto de 1945, e Nagasaki, tres días despois, masacres nas que […]

Vigo, porta do mundo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición «Vigo, porta do mundo» de Ceferino de Blas: Un dos alicientes de Príncipe estes días é a exposición «Vigo, porta do mundo» instalada por Faro de Vigo diante do Marco e preparada sobre os textos nos que traballaba Ceferino de Blas semanas antes do […]

Viñetas desde o Atlántico

A dúas semanas da apertura prevista de Viñetas desde o Atlántico nada se sabe dos contidos do programa do festival de cómic da Coruña. Unha situación a todas as luces anómala, denunciada polo editor e autor Kiko da Silva que veu alertando da precariedade na que quedaba a organización do certame dende que no mes […]

Vigo, cifra da Galicia moderna

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á celebración en Vigo do 25 de xullo de 1930: O 25 de xullo, declarado Día de Galicia na segunda asemblea nacionalista das Irmandades da Fala (Santiago de Compostela, novembro de 1919), e celebrado por vez primeira na Coruña en 1920, foi unha celebración perigosa para […]

Novela de praia

Espallouse por Twitter unha curiosa oferta de libros usados baixo a etiqueta de «novela de praia». A pesar de parecerme un pouco caro o saldo destes libros a granel, tres euros un exemplar, cinco por dous, divertiume que o alfarrabista anónimo crease unha tipoloxía de edición, que permanecía inédita, sen encomendarse ao criterio de academia […]

O escudo do Centenario

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao escudo do Centenario: O éxito arrasador do himno do Centenario superou fronteiras como amosa o feito de que nunha semana chegase ao millón e medio de reproducións en YouTube, fose incluído pola crítica de New York Times como un dos dez mellores lanzamentos musicais da […]

Os valores de Agustín

Hoxe hai sete anos do pasamento de Agustín Fernández Paz, cabodano que coincide co peche da admisión de orixinais do premio de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade que leva o seu nome. Unha exitosa convocatoria literaria anual do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba que, ademais de recoñecer a excelencia […]

Oliveira dos cen anos

 Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao himno do Centenario do Celta de C. Tangana: En apenas tres días «Oliveira Dos Cen Anos», o himno do Centenario do Celta superou o millón de reproducións en You Tube. Unha cifra elevadísima que enche de orgullo a todo un celtismo, curtido en cen […]

Educación Pública

Nova Escola Galega (NEG) celebrou o seu corenta aniversario actualizando o modelo de Educación Pública (EP) que de forma pioneira acuñara en 1989. No marco da consideración da educación como un grande proxecto político e un servizo público fundamental, como da complexidade dos retos que na actualidade provoca a súa mercantilización, a hibridación dos ecosistemas […]