Entradas por bretemas

Onte 555: Inmadurez

Tras o sucedido na noitiña do venres en Riazor, agoiro que o Celta perderá a categoría. Ademais da escasa actitude para encarar un derbi desta importancia (algo que a ninguén debe estrañar xa que Abel Resino coñece pouco os vimbios dos que dispón), o nefasto comportamento na lameira de Iago Aspas e na grada de […]

Onte 553: Reigosa en Ourense

Acompañamos a Carlos Reigosa en Ourense na súa participación no Foro La Región onde conversou co profesor Chema Paz Gago sobre A vitoria do perdedor. Comezou o profesor da Universidade da Coruña preguntándolle a Reigosa sobre se na súa escrita dominaba máis o xornalismo ou a literatura. «O xornalismo foi unha beizón para min porque tiven […]

Onte 552: Prestige anual

Nun día no que as noticias non parecen convidar ao optimismo, as declaracións de Mario Regueira na longa e interesantísima conversa con Armando Requeixo non poden pasar desapercibidas. Regueira acerta de cheo cando di que “o primeiro que lle falta ás nosas letras é un poder político que mire por elas con verdadeiro interese e […]

Onte 551: Fundación Penzol

O vindeiro venres no seo da Noite da Edición, que se celebrará no restaurante Mar de Vigo do Auditorio de Beiramar, a Fundación Penzol recibirá o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial. Con este galardón, outorgado polos membros da xunta directiva da Asociación Galega de Editores, pretende recoñecerse o labor de […]

Onte 550: «A vitoria do perdedor», a nova novela de Carlos Reigosa

Coa roda de prensa do mediodía de onte no Consello da Cultura Galega, iniciamos a xeira de presentacións d’ A vitoria do perdedor, a nova novela de Carlos Reigosa. O autor de Intramundi comezou advertindo que «na presentación dunha obra o que pode facer o escritor é dicir o que quixo facer». «Hai vinte anos […]

Campo do Fragoso CXXXV

AFOUTEZA A pesar do que vexamos na táboa clasificatoria, apenas un posto por riba do pechacancelas, o Celta non está morto. Fronte ao Real Madrid amosou que o seu lume aínda alampea, que atesoura doses moi elevadas de afouteza e orgullo e mesmo algunhas valiosas alternativas tácticas para este treito decisivo da liga, os próximos […]

O futuro da cultura impresa

No artigo da semana en Faro de Vigo, a raíz da xornada sobre o futuro da cultura da impresa, organizado polo Consello da Cultura Galega, abordo o debate arredor da gratuidade e o futuro dos xornais e da industria editorial. Convocado polo Consello da Cultura Galega o venres pasado participei na xornada de debate arredor […]

Onte 549: Amador e Daniel

Efemérides como a do 10 de marzo non poden pasar desapercibidas. Recordóunolo Agustín Fernández Paz  en «Era un inverno cruel de chumbo e morte», o título da valiosa anotación que publicou onte recollendo o primeiro verso dun emotivo poema escrito por Darío Xohán Cabana en lembranza daquel día nefasto de 1972. Nun tempo de abraiante precariedade laboral e social coma […]