Onte 548: «Sábados Culturais»
Coa presentación do libro Premios da Crítica Galicia. 35 anos de Cultura inauguramos onte os «Sabados Culturais 2013» da Fundación Premios da Crítica Galicia. Máis de medio cento de persoas participaron nun acto celebrado na Casa Galega da Cultura de Vigo que contou coas intervencións de Bieito Ledo, Ramón Nicolás, Modesto Hermida, Xesús Alonso Montero e o alcalde de Vigo […]

