Onte 533: Galician Songs
Saber de libros da literatura galega traducidos a outras linguas é para min unha das noticias profesionais máis estimulantes. A carencia dun programa público ou dunha estratexia país de proxección da literatura e da edición galega no mundo (cuxa necesidade teño reiterado aquí até o aborrecemento) é suplida, até hoxe, unhas veces por iniciativas illadas […]

