Entradas por bretemas

Festa do orgullo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Festa do Orgullo: A raíz do artigo no que citaba os desfiles do «Destornillo de Peritos», unha boa amizade lembroume a importancia que tivo en Vigo, e continúa tendo, o «anfiteatro de Urzaiz», durante o medio século último, protagonista nas coleccións dos nosos fotoxornalistas contemporáneos […]

O novo Vigo vello

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a actuación do Consorcio do Casco vello de Vigo: Aos meus pais non lles chistaba que con dez anos volvésemos do colexio pola Ferraría. Querían que os dous irmáns baixásemos xuntos pola moi pendente rúa Cachamuíña, bordeando a Panificadora e a Falperra, pola que colliamos a […]

O Vigo que deixamos

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre o estado actual da cidade e a proposta de recuperación do planeamento estratéxico: Vigo converteuse nunha cidade de desfiles, unha modalidade de turismo con poucos precedentes. Hai que chegar a 1877 para atopar o primeiro desfile da Sociedade Carnavalesca de Vigo, do Campo […]

Alborada do fútbol vigués

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao coloquio organizado polo Instituto de Estudios Vigueses sobre os albores do fútbol en Vigo entre 1873 e 1923: Rematada a gran campaña do Celta, con clasificación europea do primeiro equipo como sexto na Liga e playoff de ascenso do Celta Fortuna como subcampión de 1ª […]

Celtiña celtista

Cunha vitoria clara sobre un Sevilla salvado, o Celta pechou a tempada, quizais a mellor das tres de Claudio Giráldez. Un Celta xiraldino que competiu con gran nivel na Liga, onde obtivo unha extraordinaria sexta posición, igualando a mellor conseguida hai unha década, como tamén foi excelente o desempeño na Europa League, onde chegou a […]

Lemos máis, menos en galego

No esquecemento que sofre o sector editorial galego é doado comprender como foi tan pouco divulgado o informe sobre hábitos de lectura e compra de libros en Galicia (2024), promovido pola Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude. Elaborado cunha mostra de 1.200 entrevistas pola empresa Conecta, autora de informes semellantes para a Federación de Gremios […]

Begoña Caamaño, escritora viguesa

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á homenaxe que o 17 de maio se lle fixo á escritora Begoña Caamaño: A celebración do día das letras galegas dedicado á xornalista e narradora Begoña Caamaño Rascado non estivo exento de polémica. O fraco entusiasmo dos responsables da Consellaría de Cultura pola autora de […]

A Síndrome do Impostor

Cando remate esta terceira tempada de Claudio Giráldez como adestrador do Celta, haberá tempo para explicar os extraordinarios resultados obtidos polo equipo como visitante, con cifras de récord, entre os tres mellores da competición, como entender as razóns de derrotas por amplas goleadas, que deixan mudo e aplanado Balaídos diante do Alavés, Oviedo e Levante, […]