Entradas por bretemas

A batalla invisible

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro de Gaston Leroux A batalla invisible: Fanse corenta anos da publicación da tradución ao galego d’ O misterio do cuarto amarelo (Xerais 1986) coa que Gaston Leroux debutou en 1907 no xénero de «misterio en cuarto pechado», a primeira das oito aventuras de Joseph […]

Fernando Franco

Non hai palabras abondo no emocionario que utilizamos para expresar a nosa admiración e pesar polo pasamento do xornalista Fernando Franco, o grande cronista diario de Vigo das últimas cinco décadas. Para explicar a nosa desolación podemos escoller a palabra tristura, esa caída do noso estado de ánimo provocada pola perda dun amigo. Podemos acudir […]

O noso principiño

Anoxoume que un grupo de ultras celestes recibise a paos a seareiros do Olympique Lyonnais o que, queirámolo ou non, lixa a imaxe de todo o celtismo, sempre pacífico até o lirismo, como a do propio club que tras a extraordinaria iniciativa da procura da camiseta de Madonna nunha semana gañara prestixio e boa reputación […]

Einstein en Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás escalas de Einstein en Vigo: Entre as efemérides esquecidas o pasado ano en Vigo, a máis notable e singular foi a do centenario da recalada o 9 de marzo de 1925 de Albert Einstein, o científico máis popular do século XX. Noticia ben acreditada dende […]

O Celta é pequeno

Na memoria de Luis Ferreiro Loredo.  Non son moi coñecidos os artigos de fútbol que o poeta Celso Emilio Ferreiro publicou en Faro deportivo en 1963, poucos meses despois da publicación de Longa noite de pedra. Crónicas cheas de humor e retranca como as tituladas «Los prognósticos de don Álvaro», «El fútbol patas arriba», «Goliat […]