Entradas por bretemas

Ledicia Costas: «O que precisa a rapazada son lentes violeta»

Recollo para arquivo o texto da conversa que mantiven con Ledicia Costas, publicada na revista Luzes 60. Foto: @Felipe Carnotto Conversamos coa escritora Ledicia Costas na praia de Alcabre , no que foron as instalacións do antigo matadoiro transformado no actual Museo do Mar de Galicia, que garda o artefacto submariño co que Antonio Sanjurjo […]

Participar no deseño da cidade

No artigo da semana en Faro de Vigo reclamo a participación cidadán no deseño da cidade: No debate sobre o proxecto de rexeneración urbana do Casco Vello, celebrado a pasada semana polo Consello da Cultura Galega en Vigo, tanto os ponentes como os participantes, que encheron o salonciño da Casa Galega da Cultura, insistiron na […]

Onte 1987: A miña memoria do Vigo Vello

O Consello da Cultura Galega convidoume a participar no debate que onte se celebrou na Casa Galega da Cultura sobre o «Casco Vello de Vigo. A memoria, a relación coa cidade e as políticas de rexeneración urbana». Lin un texto de vontade memorialística e intencionalidade política que comparto en pdf (8 folios, apenas quince minutos […]

Campo do Fragoso CCXV

MOHAMED, ESTRATEGA As coidadoras da lameira de Balaídos prepararon onte unha fermosa alfombra xadrezada para a batalla de estratexia entre Antonio Mohamed e Diego Simeone, dous amigos de infancia, que conciben o fútbol de xeito moi semellante. E a verdade que non hai dúbida ningunha que a pizarra preparada polo adestrador celeste resultou vencedora cunha […]