Entradas por bretemas

Onte 1999: «Miss Kiet’s children»

Teño querenza polas películas de temática educativa que ficcionan os conflitos das aulas como espazo de privilexio para abordar as contradicións sociais. Xaora, de cando en vez aparece algunha peza documental, como a hipnótica Miss Kiet’s children de Petra Lataster-Czisch e Peter Lataster, que me colleu polo colo até conmoverme diante dunha mestra honesta e […]

Entrevista en «Aulas Libres»

Os amigos Emilio Xosé Ínsua e Lois Pérez tiveron a paciencia e a xenerosidade de entrevistarme para o número 11 de Aulas libres, a revista de pensamento, información e debate do STEG: Entrevistamos neste número de Aulas Libres un novo compañeiro do noso sindicato, Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959), como xeito de lle dar a […]

Vigo cidade vagalume

A revista A Movida convidoume a colaborar na edición impresa deste mes de decembro, onde publiquei unha versión reducida deste texto: A imaxe que proxecta unha cidade é un compoñente esencial da súa identidade e un referente para a súa cidadanía. Unha imaxe que no caso de Vigo, durante tantos anos a cidade da oliveira, […]

As cavilacións de Bieito Ledo

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a Cavilacións, o libro de memorias literarias do editor Bieito Ledo: Bieito Ledo acaba de publicar «Cavilacións» (Ir Indo, 2018), un fermoso libro de memorias que continúa o rego aberto hai unha década de reivindicación literaria de Padroso, a súa aldea natal, situada na parroquia de […]

Castelaos maxistrais

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo as exposicións protagonizadas por Castelao abertas en Santiago de Compostela: «Castelao maxistral» no Centro Gaiás da Cidade da Cultura e «Alba de Gloria. Experiencia» en San Domigos de Bonaval: Están abertas en Santiago de Compostela dúas extraordinarias exposicións protagonizadas por Castelao, a figura política e cultural […]

Antón Pulido, mestre

No número 34 de Ágora do Orcellón, a revista do Instituto de Estudios Carballineses, dedicada a homenaxear ao pintor Antón Pulido, publico esta pequena achega sobre o meu admirado mestre da kermesse: Fun afortunado de ter amigado na última década con Antón Pulido, o pintor que coñezo que mellor se ten asomado á complexidade da […]

Onte 1997: Lembranza de Xabier DoCampo en Lume

Viaxamos onte á Coruña para participar na homenaxe a Xabier DoCampo organizada pola Libraría Lume. Durante case dúas horas, ao mediodía, á mesma hora na que se celebraba a tertulia á que acudiu Xabier durante dúas décadas, máis de medio cento de amigos e amigas recordamos unha figura humana irrepetible, que non pode ser esquecida, […]