Entrevista en Biosbardia
César Lorenzo entrevistoume o pasado 15 de novembro para a serie Os oficios do libro que publica Biosbardia a instancia da libraría Cartabón. Agradezo a deferencia de escoitarme e publicala en you tube. Queda para o arquivo.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6851 entries already.
César Lorenzo entrevistoume o pasado 15 de novembro para a serie Os oficios do libro que publica Biosbardia a instancia da libraría Cartabón. Agradezo a deferencia de escoitarme e publicala en you tube. Queda para o arquivo.
Un celtista histórico, dos setecentos heroes que viaxaron esta semana a Razgrad en Bulgaria, escribiume unha mensaxe dende alí unha hora despois da clara derrota co Ludogorets: «Que afán de protagonismo e que desprezo do rival.». Outro celtista, socio dende hai máis de catro décadas, dos que viviron ascensos, descensos e noites europeas inesquecibles, envioume […]
Aos editores galegos que soñaron Culturgal Jaume Subirana, vicepresidente do PEN catalán, no seu ensaio Literatura, lengua y lugar (Anagrama 2025) pregúntase se é posible continuar falando de literatura catalá nun mundo tan alterado e cambiante, no que linguas atacadas coma a súa sofren unha regresión evidente e diminúe o peso social da lectura. Coa […]
Coincidindo co 25-N dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro Las Trampas de la pornografía de Amada Traba, Priscila Retomozo e Chis Oliveira (Catarata 2025): Coincidindo coa xornada do 25N de eliminación da violencia contra as mulleres está dispoñible nas librarías Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos (Catarata […]
Lendo no ensaio Literatura, lengua y cultura. Termodinámica aplicada (Anagrama 2025) de Jaume Subirana, atopo os datos da potente industria editorial catalá: 885 editoras, que publican 4.000 títulos, fabrican 111 millóns de exemplares, empregan a 4.700 persoas e ocupan a 18.000 colaboradoras. Sector que factura 1.500 millóns de euros, a metade do mercado interior español […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á escala que fixo en Vigo Ernest Hemingway o 18 de decembro de 1921: Publicada a segunda edición do Mapa Literario de Vigo, proxecto da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo, non hai dúbida ningunha da importancia literaria da cidade nosa. Iniciativa moi novidosa […]
A cota de mercado do libro galego acada un novo teito negativo: «SETE POR CENTO». Iso acredita o Informe de Comercio Interior del Libro 2024 da Federación de Gremios de Editores de España, sector que recupera músculo comercial superando os tres mil millóns de facturación e un crecemento anual do 6,3 %. Máis alá da […]
Tras un mes extraordinario de resultados, a clara derrota diante do Barcelona de Lewandowski devolve ao Celta de Borja Iglesias a crúa realidade de coñecer cales son as súas posibilidades de xogar con aspiracións en tres competicións. Despois do memorable partido en Zagreb, unha auténtica masterclass de Iago Aspas, Claudio Giráldez e todo o cadro, […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao Hematofesti 2025: Tras cinco xornadas de actividades formativas e espectáculos, o Hematofesti, o festival de humor e literatura infantil de Vigo, consolidouse como un dos referentes culturais vigueses e galegos do ano. Dirixido pola escritora Ledicia Costas e o ilustrador Alberto Vázquez, concibido como homenaxe […]
Deixo para o arquivo o texto do discurso e unhas fotos da entrega do premio «Lenda do Recreo 2025» do Hematofesti á actriz e cantante Teresa Rabal. Un acto que resultou emocionante e divertido. O discurso de gabanza pode baixarse en pdf aquí.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
