«A hora do planeta 2009»
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/1CRs-7lRlPo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Apagón, hoxe de 20:30 horas a 21:30 horas.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/1CRs-7lRlPo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Apagón, hoxe de 20:30 horas a 21:30 horas.
Reproducimos a mensaxe e o cartel conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil 2009, promovido polo IBBY. O texto e a ilustración son do ilustrador exipcio Hani D. El-Masri e a tradución para o galego de Manuel Figueiras.
Novo traballo inédito, magnífico sempre o noso admirado Fran Herbello.
Recomendo a lectura destas dúas anotacións de alema sobre o estado da lingua. A primeira é a entrevista con Mauro Fernández, o catedrático de lingüística xeral da Universidade da Coruña, que defende que se está produncindo unha estabilización no galego. A segunda á que fai referencia ao estudo máis recente do Observatorio da Lingua Galega, que […]
Quedei satisfeito da presentación/recital de Ámote vermella en Lugo. Medio cento de persoas acudiron á Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, onde está instalada Vermellas. Chamábanlles «rojas», a magnífica exposición da que forma parte principal este poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pola pintora Sara Lamas. Tanto a exposición como o libro, un […]
Moi útil e esta anotación do Observatorio da Cultura Galega na que recupera os datos das estatísticas publicadas (de 2002 a 2008) polo INE sobre a produción de libros en Galicia. No entanto, creo que os datos proporcionados pola Oficina do ISBN son os máis fiables para seguir a tendencia de produción por número de títulos e […]
Dende onte xa está operativo o noso Xerais twitter, un espazo de microblogueo para dar conta das novidades e das convocatorias da editorial. Con esta nova ferramenta, que se une a que funciona en Facebook, a editorial consolida a súa prensenza nas redes sociais procurando a participación dos lectores e lectoras dos seus libros e […]
No artigo da semana (non aparece na web de «Faro de Vigo») propoño unha dupla proxección para a efeméride da Reconquista: como festa primeira do Casco Vello e como festa do Vigo futuro. Non son un fanático da Reconquista nin tampouco teño fobia ningunha contra ela. A figura do capitán Bernardo González del Valle «Cachamuíña», […]
Na visita a Salamanca pasei, inevitablemente, pola completísima sección de Humanidades da Librería Cervantes, onde atopei algunhas cousas que nunca vira nas miñas librarías viguesas. Chamou a miña atención unha novidade de fin de ano da renovada editorial Bruguera, El arte de rechazar una novela, libro do canadiano Camilien Roy que recolle noventa e nove cartas […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/pEkyblfn6oo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
