Aconfesionalidade
Ao fío das procesións de Semana Santa no artigo da semana propoño unhas pequenas doses de laicismo no comportamento dos funcionarios e servidores públicos.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Ao fío das procesións de Semana Santa no artigo da semana propoño unhas pequenas doses de laicismo no comportamento dos funcionarios e servidores públicos.
Nunca víramos semellante tratamento para promoción da lectura como o que realiza a revista Woman neste mes de abril. Algo está mudando na imaxe social da lectura para que sexa promocionada en portada. Vaise poñer de moda a lectura e visitar as bibliotecas e librarías? Vía Librosfera
LIBRO EN GALEGO 2007 TENDENCIAS Os datos proporcionados polo informe do Comercio interior do libro en Galicia 2007, xa debullados nas nosas anotacións anteriores, permiten identificar algunhas tendencias da evolución do libro en galego durante o período 2005 ao 2007: – Lixeiro retroceso do conxunto da produción editorial en galego, reflectida nunha diminución do número […]
DATOS CLAVES SOBRE O SECTOR DO LIBRO EN GALICIA 2005-2007 Dos datos globais do Comercio do interior do libro en Galicia 2007 podemos tirar algunhas conclusións sobre as tendencias do sector editorial en Galicia e en galego no período 2005-2007: – Ampliouse de forma significativa o número de editores, até os 43, publicando a maioría […]
CANAIS DE COMERCIALIZACIÓN DO LIBRO EN GALEGO Estes datos sobre comercialización amosan que as librarías e as cadeas de librarías en 2007 foron as canles principais de venda do libro en galego, xa que supuxeron o 59,80% das vendas (13,12 millóns de euros a prezos de capa). No obstante, se comparamos estas cifras coas de […]
O CATÁLOGO DO LIBRO EN GALEGO DISPOÑIBLE Unha das informacións máis interesantes deste estudo de Comercio interior do libro en Galicia 2007 é o que proporciona sobre as características actuais do catálogo dispoñible dos editores galegos, o que nos permite, tamén, coñecer as características do catálogo do libro en galego dispoñible nas librarías e nos […]
A EDICIÓN LITERARIA EN GALEGO En 2007 publicáronse 238 títulos literarios en galego (o 18,40% dos editados en galego), dos cales 113 foron de narrativa (47,47% da produción literaria do ano), 63 de poesía e teatro (26,47%) e 62 de «outros» (ensaio e investigación literaria, 26,06%). Con respecto ao ano anterior, produciuse unha diminución do […]
DATOS POR TIPOS DE EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO Os datos da edición en galego por tipos de edición sinalan a importante dependencia do sector con respecto á edición da canle escolar e paraescolar, na que se inclúen o libro de texto, a literatura infantil e xuvenil e os dicionarios. – Durante o ano 2007, […]
DATOS XERAIS: PRODUCIÓN EDITORIAL E FACTURACIÓN DO LIBRO EN GALEGO As referencias aparecidas nos diversos medios sobre o Comercio do interior do libro en Galicia 2007 apenas diferencian os datos referidos á edición en Galicia e á edición en galego realizada polas 43 editoras agremiadas á Asociación Galega de Editores. Porén, este informe, a pesar […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/oX1LM9HIk_s” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Gran vídeo de promoción da lectura de Random House Mondadori. Moi recomendable. Vía Trafegando Ronseis.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
