Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura e Turismo

Orsinia localizou esta entrevista con Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura e Turismo. Dende 2004 foi encargado de asuntos culturais do Consulado de España en Nova York. A entrevista foi realizada en Central Park, NY en decembro de 2007 por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina.

Yago Avilés atopou estoutras dúas entrevistas, unha de 2004 e outra publicada na Voz en 2005.

O novo conselleiro fala un galego estupendo e o que expresa nas entrevistas moi sensato, apostando por unha imaxe moderna de Galicia e de España que poida competir no mundo. Ollo sobre o que di sobre o Camiño de Santiago e a súa proxección internacional. Sabemos que é amigo do escultor Leiro. As palabras desta entrevista comprométeno. Un nomeamento esperanzador.

7 comentarios
  1. lándoas
    lándoas Dice:

    Acepto que a entrevista demostra que este home non é Pérez Varela. Pero engadirei que, antes de aceptar o cargo no goberno de Núñez Feijóo, seguramente leu o programa do PP para as eleccións do 1 de marzo. Que, en particular, lería as páxinas referidas á política cultural.

    A min resúltame algo difícil encaixar o discurso que percibo nos lugares marcados por Brétemas co discurso oficial do PP en materia cultural. Moi difícil. Así que unha de dúas: ou este señor dura un ano escaso no posto ou alguén muda as súas posicións de partida. Será o PP? Accederá o PPdG a entrar nunha especie de túnel de lavado cultural? Será Varela Fariña quen defenda a necesidade de programar con sentido e perseverancia a proxección exterior da cultura galega malia o sinalado a este respecto no programa electoral do partido co que vai colaborar?

    Pode que a este home haxa que concederlle os famosos 100 días a ver por onde respira e a ver que consegue pactar coas vellas estruturas do partido. Pero, por favor, non nos permitamos nós nin un só minuto de inxenuidade.

  2. folerpa
    folerpa Dice:

    Concordo con lándoas. Esas declaracións son as do conul cultural en Nova Iorque, máis nada. A min dáme no nariz que o seu perfil encaixa no asunto Gaias e a súa internacionalización… amais é trilingüe, cousa de grande mérito para o novo presidente.

  3. Lucas
    Lucas Dice:

    Esa música de Nadal que se escoita de fondo faime sospeitar do buenrrollito… Estou con Lándoas pero tamén con Brétemas, porque moitos sospeitabamos da supresión da consellería de cultura e, de momento, opino que será mellor tela.

  4. avere
    avere Dice:

    Coincido con todos en que non parece unha mala opción, pero haberá que ver o equipo que lle montan. El vén de NY, non ten idea de nada e vai ser o PP quen lle poña dirxerais e gabinete. Iso é o que realmente vai definir o que vai acontecer aquí.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] parte da entrevista realizada a Roberto Varela Fariña, no mes de decembro de 2007, por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina para un documental sobre creación contemporánea. […]

Los comentarios están desactivados.