Entradas por bretemas

Onte 2154: Vida de infancia de Lois Pérez

Prestoume acompañar a Lois Pérez nas presentacións en Vilalba, o 16 de outubro, e en Ribadeo o 23, da súa novela A gruta da torre (Xerais 2022), gañadora do Vº Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba. Dous seráns literarios memorables, onde rimos […]

Onte 2152: Miguel Vázquez Freire socio de honra de Galix

Onte chufei ao meu amigo Miguel Vázquez con motivo do seu nomeamento como socio de honra de Galix. Un serán emocionante no que fixemos memoria e homenaxeamos a un dos fundadores e piares da literatura infantil e xuvenil galega. Parabéns, Miguel! O texto da gabanza pode baixarse aquí.  

Vigo nun asunto privado

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á serie Un asunto privado localizada en Vigo e noutros espazos galegos: Que marabilla!, como loce Vigo e a súa área metropolitana como escenario d´Un asunto privado, a serie da galega Bambú Producciones, estreada a pasada semana en Prime Video!  Unha peza de acción para o […]

A Exposición Industrial do 44

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á Exposición Industrial de Galicia celebrada en Vigo do 17 de agosto ao 12 de setembro de 1944: Ao fío do artigo sobre Handicap e a fundación do Celta, no que fixen unha referencia á Exposición Industrial de Galicia celebrada en Vigo entre o 27 de […]

Handicap creou o Celta

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Handicap, o xornalista Manuel de Castro González que tanto contribuíu á creación do Celta: Conversando co meu benquerido Tomás Ojea contoume como sendo un aprendiz de Vulcano vivira cerquiña o tráxico pasamento de Handicap, o xornalista deportivo creador do Celta. «Foi algo incrible […]

Trofeo orfos do mar

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar episodios da historia celeste comprometidos coa súa contorna: Na visita ao Museo do Mar de Galicia de Alcabre, un dos museos vigueses con recendo máis intenso a salitre, que axudan a gozar da memoria do Vigo portuario, aconsello reparar en dous magníficos trofeos deportivos […]