Escola pública
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemasNo artigo da semana apoio a campaña a prol da defensa da escola pública.
Dúbidas co PXOM de Vigo
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana expreso as dúbidas coa actual redacción do Plan Xeral. Hai aspectos extraordinariamente positivos, sen embargo hai actuacións socialmente abrasivas. Non quero que a miña cidade se convirta nun novo Sao Paulo.
Verbum
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasPropoño pechala e volver a empezar co seu proxecto orixinal.
Unha amiga, que está doente, descubriume esta mañá que o fígado é a víscera da tristeza. Consola a súa melancolía lendo os correos dos amigos.
Roupa tendida
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemas
Rúa Poboadores. Vigo. Foto. J. Albertos
Campo de Granada
/en Artigos, Vigo/por bretemasDébolle esta imaxe ás pesquisas de Lolo na colección de Vida Gallega. Recolle un mitin agrarista que alá polos anos vinte se realizou no Campo de Granada, espazo situado moi preto de onde hoxe se ubica a casa do concello de Sal. Esta fotografía ten singular importancia para min, xa que hai seis anos iniciei a colaboración semanal no Faro co nome deste noso antigo campo da feira. Empregando este topónimo, un espazo que de pequecho era unha grande explanada de terra onde se plantaban os circos, intentaba expresar a miña intención de colaborar na conformación dunha identidade cidadán de Sal, acrisolada tanto na memoria como na máis rabiosa contemporaneidade. Remoín moitas veces nas coleccións de Pachecho e Llanos e nunca atopara foto ningunha desta frondosa carballeira da que tanto me falara a miña avoa Maruja. Cidade de Sal, revolcada, abella da ribeira de xenerosidade escueta, foi tamén vila campesiña e aldeana. Grazas a Lolo por atopar esta evidencia que tantas veces eu procurei sen fortuna.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Galaicofobia1 de Maio de 2024 - 12:50 p.m.
- Radio Vigo EAJ 4830 de Abril de 2024 - 1:52 p.m.
- Sant Jordi24 de Abril de 2024 - 12:46 p.m.
- Distrito industrial23 de Abril de 2024 - 10:43 a.m.
- Fútbol, o noso22 de Abril de 2024 - 10:34 a.m.