Entradas por bretemas

Folga no ensino

Os mestres e mestras do meu tempo, hoxe retirados, non esquecemos a folga do profesorado do ensino público do curso 1987-1988. Máis de vinte xornadas de paros intermitentes para reclamar equiparación retributiva co resto do funcionariado, tanto de salarios coma de pensións, así como melloras das condicións de traballo docente, da súa consideración social e […]

Sempre Aspas

Noutra noite inesquecible de emocións desbordadas, o Celta de Iago Aspas, o mago que batía a marca de partidos xogados co Celta (534), demostrou que tamén sabe gañar diante de rivais europeos de entidade coma o Nice. Segunda vitoria consecutiva en Balaídos na competición continental que amosa tanto o excelente nivel competitivo do equipo de […]

Amazon

Das mudanzas provocadas na edición pola disrupción dixital a máis relevante foi a aparición dun novo actor, Amazon. Desde que asinou os primeiros contratos coas editoras hai quince anos, o seu poder non deixou de medrar. Acumulou unha cantidade inxente de datos de clientes que comezaron a mercar libros utilizando a súa plataforma de distribución, […]

Premios da Crítica de Galicia 2025

Para o arquivo deixo a crónica que fixen dos Premios da Crítica de Galicia 2025 que ditaminamos o sábado 18 de outubro. No discurso de acollida que pronunciei como presidente da asociación homenaxeamos a Luis Suárez Marconi, primeiro secretario dos premios, ademais de animador e organizador das nosas convocatorias. Anunciei a celebración en 2027 do […]

Edición e IA

A Intelixencia Artificial (IA) xerativa e os LLM (Large Language Models), modelos extensos de linguaxe, tecnoloxía utilizada polos chatbots como ChatGPT de Open AI ou Gemini de Google xa impactaron na industria editorial. Modelos que precisan de ser adestrados a partir de grandes cantidades de texto, dos que unha parte deles están protexidos por dereitos […]

Xenocidio palestino

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao xenocidio palestino: A excelente resposta a cada unha das convocatorias da Plataforma Cívica Pro-Palestina de Vigo, na que se integran 42 colectivos sindicais, políticos e cidadáns vigueses, amosa que a pesar da aparente apatía actual hai unha maioría da cidadanía viguesa disposta a mobilizarse coa […]