Entradas por bretemas

Onte 1206: Os 150 anos de Alicia

Esta fermosa iniciativa de Royal Mail lembroume que este ano celebramos o sequiscentenario da publicación no mes de xullo de 1865 polo editor Macmillan de Alicia no pais das marabillas, a obra de Charles Lutwidge Dogson, máis coñecido polo seu heterónimo literario de Lewis Carroll, ilustrada por John Tenniel. 150 anos depois, Alicia revivirá nos selos creados polo ilustrador Graham […]

Onte 1205: Volven os premios

O calendario do novo ano vai enchéndose amodiño de compromisos. Ademais de ir concretando os actos do primeiro lanzamento de novidades, nos últimos días coñecín o que serán algunhas das datas dos premios literarios 2015. O venres 13 de marzo celebrarase en Pontevedra «A Noite da Edición», na que os membros da Asociación Galega de […]

Onte 1204: Monumento a Martín Codax

Recibín onte na caixa de correo a comunicación do grupo Pertenza de Vigo, constituído o pasado ano para a defensa da identidade galega, informándome da súa proposta de erguer en Vigo un monumento ao poeta Martín Codax con motivo do centenario da descuberta do «Pergamiño Vindel» e da publicación das seis cantigas do cantor do mar de Vigo. Un proxecto […]

Perfil lector

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre os datos do Barómetro do CIs do mes de decembro sobre a lectura e as preferencias culturais. A publicación do barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do pasado mes de decembro achega, entre outros temas sobre os que foron consultadas 2.447 persoas de 49 […]

Onte 1203: Astromántica Cartoneira

Interesoume moito a nova que lin onte en La Voz de Galicia sobre o proxecto editorial de Astromántica Cartoneira, promovido pola profesora Carmen Luna da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. A edición de 75 exemplares d’ As grandes alamedas, onde se recollen as derradeiras palabras que o presidente Salvador Allende pronunciou na radio […]

Campo do Fragoso CLX

SAÍR DO ATOLEIRO Tras 726 minutos, o Celta saíu do atoleiro onde quedara confundido tras o histórico gol de Larrivey no Camp Nou. Traballando a pano, cunha intensidade xenerosa, o equipo de Berizzo por fin saíu a flote, recuperando anotación na táboa clasificatoria e, o que é máis importante, afastando as meigas que comezaban a […]

Onte 1201: «Leviathan»

Leviathan, a película de Andréi Zviáguintsev, comeza e remata con senllos longos planos secuencia que percorren a beleza fría do mar de Barents, ao norte de Rusia, onde emerxen os cascos de embarcacións náufragas e o esquelete dunha grande balea. Ósos que representan a Leviatán, ese monstro da corrupción da Rusia de Putin, o tema central desta desacougante […]

Onte 1200: «Galicia canta»

Comentei onte con Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, o éxito da reedición de Galicia canta, considerado o primeiro long-play da música galega. Unha valiosa peza de coleccionista, recuperada no pasado mes de decembro pola Fundación CEF nunha edición non venal moi reducida. Un disco na que o poeta de Celanova tivo moito […]