Entradas por bretemas

Onte 1316: «Son noxento»

Acompañei onte a María Xosé Queizán en Compostela na presentación na Feira do Libro de Son noxento, a súa décima novela. Coincidindo co 50 aniversario da publicación d’ A orella no burato na colección Illa Nova de Galaxia, Queizán presenta unha gran novela curta á marxe das temáticas da novela á moda. Unha narración intensísima sobre temas que até ágora foron considerados tabús […]

O Picasso galego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición O primeiro Picasso do Museo de Belas Artes da Coruña. O 13 de outubro de 1891 chegou ao porto de Vigo o vapor Asturias do que desembarcaron, procedentes de Málaga e tras unha penosa singradura atlántica, os cinco membros da familia Ruíz-Picasso que ao […]

Onte 1315: A precocidade de Filgueira

Na presentación no Liceo de Ourense dos seus libros dedicados a Filgueira Valverde, a monografía ilustrada de Ir Indo Edicións e a biografía intelectual de Xerais, o profesor Xesús Alonso Montero abordou a precocidade do polígrafo pontevedrés. «Filgueira Valverde foi unha personalidade moi precoz. Aos dez anos lía e tiña interiorizados poemas de Rosalía de […]

Onte 1313: Picasso comiqueiro

Na magnífica exposición O primeiro Picasso, instalada no Museo de Belas Artes da Coruña, paga moito deterse no espazo dedicado aos primeiros xornais editados na Coruña polo xenio malagueño cando apenas contada con doce anos. Refírome a Azul y Blanco e La Coruña, publicacións gráficas manuscritas das que se conservan cinco orixinais, e La Torre […]

Onte 1312: O pregón de Manuel Portas na feira de Compostela

Magoa que Manuel Portas non puidese pronunciar onte o pregón que preparou para a inauguración da Feira do libro de Compostela. Unha peza literaria magnífica na que defendeu o libro («o libro sermpre será o libro»), a lingua, a creación literaria, as librarías e esixiu o compromiso das administracións co mundo do libro e das […]

Onte 1311: Asemblea de editores

Tivemos onte asemblea da Asociación Galega de Editores para debater cun pouco devagar a difícil situación do sector do libro e a lectura en Galicia. Tres foron as principais cuestións abordadas. A primeira, o modelo de compra de novidades editoriais en lingua galega para bibliotecas públicas, cuxa dotación diminuíu dende 2008 nun 72 % e cuxo […]

Onte 1310: Premio Blanco Amor en Redondela

Presentamos onte en Redondela Cabalos e lobos, a novela de Fran P. Lorenzo gañadora da XXXII edición do Premio Blanco Amor. Nesta ocasión Fran utilizou os catro booktrailers que preparou Mónica Ares para enfiar a súa intervención sobre unha novela na que confesou pretendeu mesturar tres planos, «o histórico, o íntimo e o espacial.» Xustificou o título como […]

Onte 1309: «Cabalos e lobos» en Compostela

Foi unha beizón comprobar coma máis dun cento de persoas participaron onte en Compostela na presentación de Cabalos e lobos, a novela de Fran P. Lorenzo. Unha comunidade de lectores e lectoras que seguiu o fío da moi interesante conversa literaria que mantiveron a xornalista Belén Regueira e o autor sobre a novela gañadora do premio Blanco Amor […]

Edición hibridada

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o proceso de hibridación dos soportes de edición. Nas entrevistas que me fan como editor en lingua galega é frecuente que me pregunten sobre como enxergo o futuro do libro e, máis en concreto, o do libro electrónico. Dende hai ben tempo asumín que a […]