Ensíname a túa vila
Ensíname a túa vila é defenderás o Universo. Frase de Leon Tolstoi pronunciada onte por Ramiro Fonte na presentación en Vigo da súa recente novela Os ollos da ponte.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6839 entries already.
Ensíname a túa vila é defenderás o Universo. Frase de Leon Tolstoi pronunciada onte por Ramiro Fonte na presentación en Vigo da súa recente novela Os ollos da ponte.
Onte, antes de presentar en Rubalcaba o libro de Siro, parei en Andrade para falar con Tito Ríos sobre o libro que lle pretendemos editar. Tito é un personaxe sorprendente. Cantante de habaneras, boleros e rancheiras (actuou con frecuencia no programa de Gayoso), posúe no seu estudio, froito de cincuenta anos de profesión, milleiros de […]
Utilizo o mito de Sísifo porque este é un país onde as xentes que asumiron a defensa da súa identidade colectiva, xa a mediados do século XIX, fixeron en cada etapa xeracional esforzos titánicos para acadaren obxectivos e resultados que, rematada cada etapa, eran destruídos parcialmente ou ás veces case totalmente, de xeito que cada […]
Día de viaxes e xuntanzas. Primeiro fun a Teucro onde nos reunimos con Luís, o concelleiro de cultura máis salado e futurista que coñezo. O proxecto de organizar un grande Salón do Libro e da Industria Cultural ao remate do ano (o noso modelo é o de Durango) parece factible. No xantar, moi saboroso, pasámolo […]
Teño tres exemplares que recibín con cada un dos xornais impresos que comprei onte. Ningún deles está en galego. No País de hoxe aparece unha nota de desculpa lamentando o erro que supuxo que na súa edición de Catalunya se agregasen exemplares non editados en catalán. A quen teño que reclamar en Galicia?: A cada […]
Sae publicado no Faro o artigo que enviei sobre os efectos da saída de Castrillo. É de xustiza salientar que o balance do seu traballo (13 anos no concello) foi positivo, aínda que tamén non se pode negar que a súa saída era unha medida imprescindible (chega tarde) para iniciar o proceso de restauración da […]
Lois Greenfield, American Reportory Ballet. Vaia artigo do Rivas! Dúas mostrar da sutileza que procuramos na creación cultural.
Xantamos en Gaifar con Carlos e don Álvaro Álvarez Blázquez. Repasamos o estado da catalogación da obra de Serigrafía Galega, a experiencia máis notable de popularización da arte contemporánea galega nos anos do tardofranquismo, e da necesidade de asegurar que no futuro a colección poida quedar a cargo dunha institución pública. Don Álvaro, pertence a […]
Ten moita razón Jaureguizar. O traballo de Maré é moi valioso. No cativo mundo cultural galego (éche máis pequeno do que cre a maioría) sofrimos do andazo dos prexuízos e das máis chuscas clasificacións apriorísticas, razón pola que resulta necesario salientar contribucións como as de Lopo e a súa xente. Xeralmente as opinións sobre a […]
Na oficina tiven unha mañá de entrevistas. A primeira hora o profesor Ripalda entregoume o seu orixinal definitivo do Libro das fontes. Sei que detrás de cada unha destas humildes construcións singulares hai unha comunidade. A auga fonte de vida. Vai quedar un libro ben curioso e do que non coñezo precedentes. Logo chegou Luis […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
