Clubes de lectura

Onte os membros da Comisión do Libro rematamos o texto do Plan de lectura. Nesta nosa derradeira xuntanza apareceron un turbillón de propostas e iniciativas moi interesantes. Hai dúas das que quedei singularmente feliz que se incluísen: a creación dunha Oficina da lectura (recuperando o noble termo empregado polos editores de incunables), como entidade de xestión do plan, e a promoción de Clubes de Lectura.
Estes clubes son pequenas sociedades de lectores sen fronteiras que comparten mensual ou quincenalmente as súas lecturas. Estes espazos de tertulia e debate de persoas que len un mesmo libro, baixo a tutelaxe dun monitor ou coordinador, van tecendo a modiño unha comunidade de lectores participativos e críticos. Clubes que se forman en bibliotecas, asociacións, librarías, cárceres ou na mesma rede, organizándose por idades, xéneros, idiomas…
As listas de libros que se len nestes clubes deberían ser publicitadas polos medios, constituíndo un indicador das tendencias de lectura, seguramente, máis fiables que as elaboradas a partir das vendas das novidades en librarías.
Magnífico o texto de Emili Teixidor que atopei propoñendo estratexias e razóns para fomentar o desexo de ler. Dá moitas pistas razonadas para entender as conviccións profundas do comportamento lector, complementando a proposta clásica de Gaarder recollida no seu traballo “libros para un mundo sen lectores“.
Débolle á familia o descubrimento desta axenda culinaria. Un blo onde se mesturan gastronomía e literatura (receitas e artigos de reflexión sobre a cociña galega e a súa historia) preparada polo responsable de www.colineta.com. Un blo moi saboroso, si, señor.
5 comentarios
  1. Peke
    Peke Dice:

    Non atopo un correo privado para comentarche un detalliño. Revisa a lista das bitacoras que tes ligadas, sobre todo a do funaMbulista coxo.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Coñézoa: a liberación de libros. É outra estratexia interesante, na medida que conforma comunidade de lectores e fomento a presenza do libro na cidade. Creo que cómpre divulgar todo este tipo de iniciativas de visibilidade. Obrigado, sao tomé, polo comentario.

  3. NM
    NM Dice:

    Caro Manolo,
    Não informas qual o texto de Teixidor a que te referes, nem fazes um link para esse texto.
    Abraços daqui, de Portugal.
    Continua excelente, o teu “blogue” – eu habituei-me a “aportuguesar” o inglês “blog”.
    Nelson

Los comentarios están desactivados.