Entradas por bretemas

Arde, meco, arde

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás figuras de mecos e entroidos: No Colexio Público de Cedeira queimamos o meco, unha coidada reprodución en cartón do noso deteriorado pavillón deportivo cuxo arranxo a comunidade educativa leva dende hai dúas décadas reclamando aos responsables do concello de Redondela e da Consellaría de Educación. […]

Operación Rosalía

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao Día de Rosalía: A celebración este ano do Día de Rosalía ven marcada polos importantes achados biográficos sobre a autora da investigadora Sagrario Abelleira recollidos no seu traballo recente «Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858)». Esculcando sobre a denominación da praza de Vigo […]

Onte 2145: «Mil palabras para Cen Luzes»

Bo serán*. En nome da Fundación Luzes, benvidas á festa na que celebramos os primeiros cen números da revista Luzes, un centón, unha proeza colectiva que ben merece un concertazo de Radio Océano. Agardamos que compartades un bo serán neste espazo de privilexio da Fundación Luís Seoane, a nosa anfitrioa, presidida por Inés Rey, alcaldesa […]

Araucaria senlleira

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás árbores e arboredos senlleiras de Galicia e á conservación da Araucaria excelsa da Alameda da Praza de Compostela de Vigo: O concello de Santiago impulsa a candidatura do Carballo de Conxo como Árbore Europea 2022. Cofre botánico de 30 metros de altura, 3,75 metros de […]

Celta galego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reivindicar a galeguidade do Celta de Vigo: Ás portas do centenario da fundación do Celta de Vigo (1923) como fusión do Real Sporting Vigo e o Fortuna, non é doado comprender a facilidade coa que a sociedade propiedade de Carlos Mouriño entra en confrontación co […]

Un día para Reimundo Patiño

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Raimundo Patiño, figura homenaxeada no Día da Ilustración: Coincidindo co día do nacemento de Castelao celébrase cada 30 de xaneiro o Día da Ilustración. Incluída no calendario do libro e da lectura da Consellaría de Cultura, Educación e Universidades, a efeméride pretende, ademais de lembrar […]

Onte 2144: «Uma furtiva lágrima» de Nélida Piñón

En decembro de 2015, tras a tráxica sentenza do oncólogo, mesmo antes das últimas probas médicas, a escritora brasilega Nélida Piñón pensou facer un diario breve do que entón pensaba serían os seus derradeiros días. Comezou daquela a escribir un libro de memorias, de espírito moi literario e dimensión poética e ensaística, na liña do […]

Onte 2143: «Azucre» de Bibiana Candía

Grazas ás recomendacións de amigas libreiras cheguei a Azucre (Pepitas de calabaza, 2021) a novela curta de Bibiana Candía, un dos libros mellor recibidos en 2021. Sorprendeume e prestoume a lectura deste relato que desvela a expedición de 1.774 rapaces galegos que en 1853 viaxaron a Cuba para facer as américas e acabaron vendidos como […]