Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo
Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato […]
No artigo da semana en Faro de Vigo valoro as posibilidades que abre a sentenza do Estatut de Cataluña para a reforma do Estatuto de Galicia. A clave estará na posición que adopte o presidente Feijóo que poderá recuperar o consenso acadado na ponencia dos grupos parlamentarios en 2006 ou asumir as posicións neocentralizadoras que […]
O pregón de Cid Cabido abriu no serán de onte a 36ª edición da Feira do Libro de Vigo. Mágoa que na segunda xornada xa teñamos que amosar o noso disgusto: vímonos obrigados a cancelar a presentación de Sete palabras de Suso de Toro, prevista para hoxe sábado ás 20:30 horas, pola súa coincidencia coa […]
O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro […]
as palabras máxicas from SonCine on Vimeo. O luns 21 e martes 22 de xuño os mozos e mozas do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do noso instituto achegáronse aos colexios de Sobrado-Nebra, Campanario, Xuño e Caamaño para contarlles historias aos nenos e nenas de infantil e, no caso de Nebra, de […]
Adiantos do documental Lois Pereiro: Contra Morte que Iago Martínez e Álex Cancelo ultiman sobre a figura que será homenaxeada o 17 de maio de 2011.
Confesouno onte Agustín Baamonde, voceiro de lingua do Grupo Parlamentario Popular, na mesa redonda que moderamos na cuarta xornada do Seminario «Sociedade, Lingua e Política» celebrada onte no Consello da Cultura Galega: «o tema da lingua non foi unha das prioridades do PP até a aparición de Galicia Blingüe que fixo medrar un caldo de […]
No artigo da semana en Faro de Vigo esixo a apertura decontado do «Panteón dos Galegos Ilustres» e propoño a súa refundación, titularidade e xestión pública como «Panteón da Galeguidade». Ademais, aproveito para convidar á cidadanía a participar o vindeiro 15 de xullo no Cortexo Cívico que de Padrón a Compostela conmemorará o 125 aniversario […]
A designación de Lois Pereiro como escritor homenaxeado no 17 de maio de 2011 volve demostrar o liderado da actual Academia Galega no proceso constante de actualización do pensamento e da creación galeguista. Non podo agachar que moito me emocionei cando onte lin na pantalla de twitter do meu teléfono a nova que adiantaba Iago […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
