desconxeLE
Magnífica iniciativa a dos amigos de Editora 2.0. Aproveito o enlace do blog As Gabarras para recomendar o vídeo. Unha campaña de lectura para o verán: desconxeLE.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Magnífica iniciativa a dos amigos de Editora 2.0. Aproveito o enlace do blog As Gabarras para recomendar o vídeo. Unha campaña de lectura para o verán: desconxeLE.
No artigo da semana en Faro de Vigo fago un balance dos catro anos de presidencia do Celta SAD do empresario Carlos Mouriño. O lamentable espectáculo ofrecido polo Celta, evitando sequera empatar diante do Huesca, é a enésima mostra da decadencia na que o primeiro club de fútbol dos galegos caíu dende que é propiedade […]
Henrique Otero Covelo, «o gaiteiro do Fragoso», naceu hai case oitenta anos no camiño da Brea, en Lavadores. Os seus primeiros pasos no eido da música deunos ao pé da casa, nas Escolas Nieto, onde Mónico García de la Parra y Téllez, descubriu o seu talento como instrumentista. Con a penas dezaseis anos, entrou a […]
As miñas beizóns.
Recomendo o seguemento nos medios portugueses da noticia do seu falecemento realizada en constante actualización polos nosos amigos do blog Blogtailors. ATÉ SEMPRE, MESTRE.
Bapconde, no seu estilo narrativo tan característico, preparoulle a Caixa Galicia esta campaña que, semella destinada a amparar a fusión: “cando todo vaia máis, celebrómolo”, “estamos facendo o que debemos, crecer”, “cando un galego crece, toda Galicia crece”. Vía Islas Cíes, obrigado.
Sei que moitos non o poderán crer: a páxina web da Xunta amosaba na súa portada de «Goberno e Institucións» unha serie de enlaces para os símbolos do noso país: a bandeira, o escudo, o himno e a lingua (dirixida, neste caso, á páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística). No recente redeseño que […]
Abrimos unha conta de flickr e colgamos as galerías de fotos do Premio Xerais 2010 que fixo Manuel G. Vicente. No blog de Xerais poden consultarse as vídeoentrevistas que realizou Alfredo Ferreiro ás gañadoras, secretarios e membros de xurado, así como a diversos escritores, editores e críticos. Unha cobertura excelente.
No artigo da semana no Faro de Vigo reflexiono, a raíz da cerimonia dos Xerais e da entrada de Bernardino na Academia, na feliz continuidade do proxecto de desenvolvemento dunha literatura nacional en galego. Unha feliz continuidade, na que haberá rupturas e modificacións froito do tempo novo que enxergamos. Foto de Pilar Ponte, moitas grazas.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
