Entradas por bretemas

Os inicios de Pescanova

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar os inicios de Pescanova: O acordo para a adquisición de Nova Pescanova por parte da canadense Cooke INC –motivada pola necesidade de Abanca de desprenderse das súas participacións industriais, apremada como o resto das entidades polo Banco Central Europeo, para así non comprometer a […]

Discreción

Hai catorce anos da publicación Do orixinal ao libro (Xerais 2009), o primeiro manual de edición técnica en galego, preparado por Juan L. Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Lembro aquel lanzamento pola defensa que o autor facía do traballo do editor, que comparaba coas copas de cristal, […]

Pequena historia de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás publicacións sobre Vigo dirixidas á infancia ou ao seu emprego con finalidades didácticas: Dentro da ampla bibliografía dispoñible sobre Vigo e a súa historia son escasos os títulos dirixidos á infancia ou concibidos para súa utilización con propósitos didácticos. Unha eiva que xa hai catro […]

Ferreiro nacionalista galego

Luís Gonçales Blasco «Foz», unha das dez persoas participantes no acto fundacional da UPG o 25 de xullo de 1964, ofrece en Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego (Xerais 2023) o retrato do comportamento político do autor de Celanova no que salienta a súa participación no movemento nacionalista e antifascista galego. Turrando de memoria e de […]

Autismo. Chamémolo polo seu nome

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á celebración do Día Mundial do Autismo: O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coa intención de promocionar a lectura e os mellores libros entre a infancia e a mocidade. Efeméride […]

35 % LIX

Ás portas da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) cómpre salientar que a LIX é o primeiro piar da edición en galego, xa que en 2021 supuxo o 35 % da facturación do sector (5,8 millóns de euros), o 36 % dos títulos publicados en galego polas editoras da […]

Os tardeiros

Unha das novelas recentes en galego que máis me interesaron foi Os tardeiros (Hugin e Munin 2022), a tradución que Alejandro Tobar preparou de Latecomers (1988) de Anita Brookner, considerada unha das mellores autoras inglesas de todos os tempos. Unha novela río na que predomina o estilo descritivo para relatar as vidas paralelas de Hartmann […]