Entradas por bretemas

Atlas histórico de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación do Atlas histórico de Vigo (IEV 2025) de Gonzalo Méndez Martínez: Publicado polo Instituto de Estudios Vigueses, que preside dende a pasada semana a historiadora Mercedes Bangueses, chegou ás librarías Atlas histórico de Vigo (IEV, 2025), unha completa escolma de vinte e seis mapas, […]

Boloñazo

Cando coñecín o sorteo da Europa League lamentei que o partido do Celta co Boloña non se celebrase no Renato Dall’Ara, o case centenario estadio emiliano a ceo aberto de 36.000 localidades. O celtismo perdeu unha oportunidade preciosa de desembarcar no aeroporto Guglielmo Marconi, pasear por unha das cidades medievais máis grandes e mellor conservadas […]

Presenza escasa

Barcelona foi a convidada de honra da 39ª edición da Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara, México, o encontro da cultura do libro máis importante do mundo latinoamericano, onde foi recoñecido o ensaísta de orixe libanesa e expresión francesa Amin Maalouf co Premio FIL de linguas romances. Declarada pola UNESCO coma unha das vinte […]

Liñas de galego

Decepcionoume o escaso eco do informe «Un país coa súa lingua» froito do foro organizado polo Consello da Cultura Galega coa intención de activar medidas que reforcen o uso social do galego. Entre elas son de interese as da comisión de Educación e Socialización, coordinada por Nel Vidal e Dolores Vilavedra, na que asumindo a […]

Marconi nas Rías Baixas

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro as tres visitas que parece realizou o premio nobel Giulielmo Marconi ás Rías Baixas: Giulielmo Marconi, enxeñeiro italiano, inventor da radiografía sen fíos, Premio Nobel de Física en 1909 en recoñecemento das súas contribucións no desenvolvemento da telegrafía inalámbrica, visitou Vigo en tres ocasións, 1924, 1928 […]

Dous días negros

Un celtista histórico, dos setecentos heroes que viaxaron esta semana a Razgrad en Bulgaria, escribiume unha mensaxe dende alí unha hora despois da clara derrota co Ludogorets: «Que afán de protagonismo e que desprezo do rival.». Outro celtista, socio dende hai máis de catro décadas, dos que viviron ascensos, descensos e noites europeas inesquecibles, envioume […]