Entradas por bretemas

Onte 311: Elefante blanco

Elefante blanco, a película de Pablo Trapero, interesoume máis do que agardaba. Quedei pasmado co formidable plano secuencia en movemento de arrinque, filmando unha panorámica da Ciudad Oculta dende os ollos dos protagonistas situados no «Elefante branco», ese enorme esquelete de formigón, o auténtico protagonista da película, do que puido ser o maior hospital de […]

Onte 310: «La librería ambulante» de Christopher Morley

Agradezo a un amigo libreiro bilbaíno a recomendación de La librería ambulante de Christopher Morley, unha pioneira novela de estrada polos vieiros rurais dos Estados Unidos de hai un século, cando os primeiros automóbiles convivían cos vellos carromatos. Unha solteirona decide romper a súa rotina de ama de casa e inicia unha aventura na que […]

Onte 309: «El niño perdido» de Thomas Wolfe

No último mes merquei dous libros da colección «Largo recorrido» da editorial Periférica: El niño perdido de Thomas Wolfe e La librería ambulante de Christopher Morley. Dúas novelas que me fascinaron de senllos autores norteamericanos (descoñecidos para min) da primeira metade do século XX. Dous libros aparecidos nos últimos meses, máis xa ambos os dous […]

Onte 307: Devaluación interna

Como editor quedei aliviado, xa que só subiu o tipo de IVE do libro electrónico descargable. Como cidadán desolado diante doutro machadazo ao papel do estado como compensador de desigualdades. Outra fase nese proceso de devaluación interna de salarios e rendas (así como de perda de soberanía popular e de centralización do estado), iniciado no […]

Onte 306: A subida do IVE e o libro

Na primeira reunión da nova directiva da Asociación Galega de Editores, na que aprobamos o programa de actividades para segundo semestre do ano, agoiramos as maiores dificultades para o mercado do libro galego diante da inevitable subida do actual IVE superreducido do 4%, que o venres aprobará o Consello de Ministros. Tanto sexa un 8% […]

[Alberto Manguel, «El sueño del Rey Rojo. lecturas y relecturas sobre las palabras y el mundo». Alianza Editorial 2012]

A lectura é o que nos define como especie e a “palabra impresa” o que dá “coherencia ao mundo”.

Onte 305: A tranquilidade de Baltar

É unha fortuna contar con medios como a edición galega de El País nos que o domingo puidemos ler noticias como a que Cristina Huete avanzou sobre como a Fiscalía Anticorrupción puxo, por fin, o foco sobre os comportamentos de José Luís Baltar. Tras a sucesión familiar na presidencia da Deputación de Ourense, era previsible […]