[Gabrile Zaid, «El negocio de las conferencias» en «Letras libres»]
A verdadeira mensaxe dunha conferencia é que a houbo, como diría McLuHan.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
O avance do estudo de Comercio Interior do Libro 2011, preparado pola Federación de Gremios de Editores de España, amosa a crise da edición en España. O conxunto do sector retrocede na súa facturación un 4,1% con respecto ao ano anterior, situándose nas cifras de 2002. Diminución que en número de exemplares é do 12,5%, […]
Mentres o PP funde á televisión pública, a BBC continúa ofrecendo aos seus espectadores marabillas como este resumo da Eurocopa. Un espello onde mirarnos.
Na dobre sesión do primeiro serán da Feira do Libro de Vigo presentamos En vías de extinción, a máis recente novela de María Reimóndez. Un texto escrito cos fíos da vida, aínda que, como sinalou a autora, «non ten un carácter biográfico». Protagonizada por Gaia, unha profesional da tradución e interpretación cun sistema de valores […]
Encantoume o blog de promoción da lectura no metro de Nova York.
Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Agustín Fernández Paz. A homenaxe nacional ao escritor Agustín Fernández Paz, celebrada o sábado en Vigo e organizada pola plataforma ProLingua, amosa que outra Galicia é posible. Fronte á rixidez da axenda pública institucional, deseñada pola Xunta de Galicia e das institucións culturais, […]
Ademais do bo xogo e da pallona do equipo de Del Bosque, o mellor da noite de onte foi a entrevista que Sara Carbonero fixo a Mariano Rajoy. As palabras do presidente galego identificando o rescate e a situación da prima de risco con «mis líos europeos» pasarían á historia daquela Iberia show do tardofranquismo. […]
A homenaxe a Agustín foi moi emocionante. Os longuísimos aplausos finais testemuñaron a gratitude colectiva a un escritor que dende hai tres décadas está contribuíndo á creación da sociedade galega de lectores e lectoras. As extraordinarias intervencións de Rosa Aneiros, que mantivo con mestría o fío do relato durante dúas horas; a participación de quince […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
