Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Entradas por bretemas
Onte 444: Cataluña, entre a soberanía e os recortes
/en Goberno Rajoy, Onte, Política/por bretemasOs resultados das eleccións catalanas de onte poden ser aparantemente enganosos. Non hai dúbida que o partido gañador foi tamén o gran perdedor, xa que non conseguíu a “maioría excepcional” que procuraba o president da Generalitat para enfiar neste momento o país cara a consecución dun estado propio. Como tamén o é que todos os […]
Mártires de Sobredo
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Efemérides, Galeguismo, Historia, Homenaxes/por bretemasDediquei o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar os acontecementos de Sobredo, con motivo do seu 90 aniversario. O texto recolle unha parte da miña intervención no Campo dos Mártires. Cumpríronse noventa anos dos acontecementos de Sobredo, na parroquia de Guillarei, cando tres persoas foron asasinadas o 28 de novembro de 1922 […]
Noventa aniversario dos Mártires de Sobredo
/en Audios, Efemérides, Galeguismo, Historia, Homenaxes, Onte/por bretemasResultou moi emocionante a homenaxe aos Mártires de Sobredo con motivo do noventa aniversario daquel acontecemento clave na loita agraria antiforal. Dende o pasarrúas, animado por Os Folieiros de Lavadores, o acto resultou moi concorrido e vibrante. As intervencións de José Trillo, versificador popular de Guillarei, e Xosé Paraños Andrés, presidente do recén creado Instituto […]
Onte 443: Xesús Alonso Montero en Ribadavia
/en Autores, Galeguismo, Homenaxes, Onte, Xerais/por bretemasAcompañamos ao profesor don Xesús Alonso Montero nos actos do seu nomeamento como fillo adoptivo do concello de Ribadavia. Para min o máis destacado da mañá foron os discursos de Xosé Carlos Sierra e do homenaxeado. Sierra chufou con mesura ao profesor Montero, cualificando de de «viticultor das palabras» e «intelectual que encarna o espírito […]
Onte 442: O rastro que deixamos
/en Autores, Ensaio, Memoria, Novidades, Onte, Presentacións, Vigo, Xerais/por bretemasInteresante e amenísima foi a conversa que mantivo Isabel Soto con Agustín Fernández Paz con motivo da presentación en Librouro d’ O rastro que deixamos. Editora e autor percorreron ao longo dunha hora os temas principais dunha obra singular no catálogo do vilalbés, onde con grande votade de estilo se mesturan páxinas de fermosa prosa […]
Onte 441: “Atl”, entre a o mito e a ciencia ficción
/en Autores, Narrativa, Onte, Premios, Presentacións, Xerais/por bretemasInteresantísima foi a presentación en Pontevedra de Atl, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora do Premio Blanco Amor 2011. O profesor Manuel Figueiras, autor tamén da portada do libro, comezou a súa intervención situando o libro no “subxénero da creación de pequenos universos posibles”. Propostas que se inician con Platón, que propoñía un novo […]
Onte 440: A Estrela de Oriente
/en Autores, Festas, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemasAnticipamos a celebración do nadal coa presentación en Couceiro d’ A Estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos, o libro de Pemón Bouzas ilustrado por Marcos Calo. Fíxonos moita graza a coincidencia co anuncio da aparición en todo o mundo do novo libro de Bieito XVI no que presenta importante novidades sobre a interpetación […]
Onte 439: Touriño en castelán
/en Entrevistas, Onte, Política, Televisión, Vídeos/por bretemasVergonza allea sentín escoitando falar en castelán a Emilio Pérez Touriño na entrevista que Fernanda Tabarés lle fixo en V Television con motivo da aparición do seu libro de memorias (en galego). Quedei abraiado comprobando que ao longo de case unha hora non só non empregou o galego en ocasión ningunha, senón que ademais utilizaba […]
Onte 438: Enlace
/en Educación, Educación_para_a_Paz, Feminismo, Iniciativas, Onte, Vigo/por bretemasDende onte asumín o compromiso de ser enlace contra a violencia machista, contra ese terrorismo que dende 2003 asasinou a 650 mulleres, 40 no que vai no decorrer deste ano. Son enlace de Enlaza Vigo, a iniciativa do Consello Municipal da Muller de Vigo que o venres 23 de novembro construirá na praza da farola […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Asociación Cultural de Vigo6 de Agosto de 2026 - 2:25 a.m.
Un plan do galego para Rueda2 de Agosto de 2026 - 4:14 a.m.
Gorgorito e o Vigo Ye-Ye28 de Xullo de 2026 - 12:14 p.m.
Vigo líder de Galicia22 de Xullo de 2026 - 4:23 a.m.
Isaac Fraga, unha vida para o cine16 de Xullo de 2026 - 4:20 a.m.
