Entradas por bretemas

Equipo olímpico galego

A gustosa lambetada visual da cerimonia inaugural da Olimpiada de París 2024 entretivo durante case cinco horas a mil millóns de persoas de todo o planeta. Oportunidade que Francia como república organizadora non perdeu para presentar orgullosa diante do mundo a súa historia, lingua, artes (populares e cultas) e glorias deportivas, con especial atención ás […]

Defendamos A Galega

Foi Camilo Nogueira o primeiro que comezou a falar de televisión galega antes de que existise a autonomía. Como tamén sendo deputado de Esquerda Galega foi o que presentou a primeira iniciativa de creación dunha televisión galega e unha proposición de Lei de Normalización Lingüística, concibidas como piares para desenvolver e defender a lingua e […]

Roberto

Doeume o pasamento de Roberto Pérez Pardo, primeiro director comercial de Xerais, unha das figuras máis respectadas da edición galega contemporánea. Nacido nas terras arraianas de Oímbra (1946), dende os cursos do seminario de Ourense comprometeuse coas causas da xustiza e igualdade; asumindo máis tarde o entusiasmo dos ventos de liberdade como libreiro da libraría […]

As que cantan

A escolla da poesía popular oral, representada nas cantareiras que transmitiron e enriqueceron esa tradición, como cerna da celebración do Día das Letras Galegas 2025, foi recibida con satisfacción xeneralizada polas redes galeguistas, o que aventura ó éxito do 17 de maio. Unha elección arriscada da Real Academia Galega, que aposta por unha celebración colectiva […]

Espazo lectura

O recoñecemento da Federación de Gremios de Editores de España a Espazo Lectura outorgándolle o Premio Liber 2024, na categoría á mellor iniciativa de fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público, afáganos aos que en Galicia defendemos o fomento da lectura como unha actividade compartida de socialización e reflexión crítica. Unha distinción merecidísima para […]

Alameda dos libros

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á historia da Alameda a onde esta semana regresa a Feira do Libro: Entre as efemérides non celebradas desde Vigo esquecedizo está o sequiscentenario do primeiro proxecto da nova Alameda, o pioneiro xardín histórico da cidade. Apenas un bosquexo anónimo debuxado nunha folla da traza para […]