Entradas por bretemas

Onte 1200: «Galicia canta»

Comentei onte con Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, o éxito da reedición de Galicia canta, considerado o primeiro long-play da música galega. Unha valiosa peza de coleccionista, recuperada no pasado mes de decembro pola Fundación CEF nunha edición non venal moi reducida. Un disco na que o poeta de Celanova tivo moito […]

Onte 1199: Barómetro lector

O barómetro do CIS do pasado mes de decembro publica uns datos de interese para coñecer o perfil do lector actual en España e as súas preferencias culturais. Entre os datos que fun anotando no caderno saliento os seguintes. O 35 % das persoas consultadas non le nunca, o que deixa ao 65 % coa […]

Onte 1198: Nós somos Charlie

  O masacre da revista Charlie Hebdo é un ataque brutal á liberdade de expresión, ao xornalismo e aos medios de comunicación como garantes dunha sociedade democrática e plural. Mais tamén é unha manifestación de intransixencia, intolerancia e horror contra os principios republicáns de igualdade, liberdade e fraternidade representados nunha publicación satírica que asumía con exemplar […]

Onte 1197. Lingua prioritaria e de referencia para Abanca

O compromiso de Abanca de utilizar o galego como a lingua prioritaria e de referencia nas súas comunicacións cos clientes, reiterado en Twitter, constitúe un feito tranquilizador. A actuación corresponsable de numerosos clientes da entidade denunciando nas redes sociais o seu malestar por unha modificación dos criterios do banco adquirido por Juan Carlos Escotet sobre a […]

Límites da cidade bonsai

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o modelo de cidade ornamental presentado pola alcaldía viguesa coa intención de renovar o seu mandato. O éxito popular do arranxo urbano deste Nadal levou ao concello a decidir prolongar algúns dos seus elementos lumínicos máis espectaculares, como paraugas e arcos de lucería, até a celebración […]

Onte 1196: Rosalía en Londres

O tradutor e editor Jonathan Dunne deunos onte unha noticia excelente para a literatura e cultura galegas: o vindeiro 15 de xaneiro o extraordinario coro BBC Singers e o xove guitarrista escocés Sean Shibe, dirixidos por Paul Brough, estrearán no seu concerto no St Paul’s Knightsbridge a composición que Daniel Saleeb preparou sobre o poema «Has […]

Onte 1194: Brétemas, 10 anos

Tal día como onte de hai dez anos comecei estas Brétemas. Dende entón publiquei 4.667 entradas, fixéronse máis de dez mil comentarios e realizáronse varios millóns de visitas ás entradas do blog. Iniciado en Blogger, no marco do entusiasmo do blogomillo, pasou catro anos despois a Word Press, acollido primeiro pola xenerosidade de Blogaliza e logo, […]

Onte 1193: Adeuses en Alvedro

Emocionoume onte ver na cafetaría do aeroporto de Alvedro a dous emigrantes maiores gozando dunha tapa de polbo antes de tomar o voo a Heathrow. Comían en silencio, bebendo a groliños da cadansúa copa de tinto, cunha tristeza que me pareceu desoladora. Como tamén o é que este enlace a Londres estea abarrotado de rapaces e […]

Onte 1192: O ano sen pantalóns

Adoito ler cada ano un par de libros de non ficción estadounidenses, dese xénero híbrido tan dificilmente clasificable, entre os manuais de business e as biografías (haxiografías nalgúns casos) de novos triunfadores, que se ofrecen a esgalla nas librarías dos aeroportos. Despois da biografía de Jeff Bezos, na que souben que en Amazon non se utilizan […]