Entradas por bretemas

Onte 1342: Laiovento e Murado pedróns

A editorial Laiovento e o escritor Miguel Anxo Murado recibiron onte na Casa de Rosalía os pedróns de ouro e de honra. Dous xustos recoñecementos para persoas que levan servindo coas palabras a causa de Galicia e da súa lingua. O Pedrón de ouro para Laiovento supón parabenizar un proxecto editorial nacionalista que nos últimos vinte e cinco anos […]

Onte 1341: Candidatura galega

As novas de onte convidan a certo optimismo xa que semella posible unha Candidatura galega para as Xerais de novembro. O feito de que a proposta dunha candidatura de unidade galega, baixo a fórmula dunha frente, plataforma ou candidatura cidadá, sexa defendida tanto polo BNG, Compromiso por Galicia como por Anova e os integrantes das Mareas, abre unha xanela de […]

Onte 1340: Cos xurados dos Xerais

Foi moi agradable o xantar de onte no Castelo de Soutomaior cos membros dos xurados dos Premios Xerais 2015, que despois acordaron declarar as obras finalistas sobre as que volverán ao longo desta semana. Sei que a experiencia destas persoas lectoras de participar nun xurado dun premio literario é, xeralmente, única e inesquecible, tanto polo esforzo que supón […]

Onte 1339: San Clemente 20

Asistimos onte ao acto de entrega da vixésima edición dos San Clemente, un dos premios de novela publicada máis singulares e aprezados dos outorgados no país. O feito de ser ditaminados por lectores e lectoras de 2º de Bacharelato de cinco centros públicos galegos, e polo tanto formados como lectorado literario, e o de contar con […]

Onte 1338: 1000 Primaveras +

Prolingua publicou onte a primeira peza audiovisual da súa iniciativa Por min o galego terá mil primaveras máis coa que lembra, trinta e cinco anos despois, a apoloxía de Álvaro Cunqueiro sobre a lingua galega pronunciada na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980. As miñas invencións e as […]

Onte 1337: Mudanza na Deputación

Outro dos fracasos de Feijoo foi a perda da Deputación de Pontevedra, que pasará a ser presidida pola viguesa Carmela Silva e, probablemente, gobernada por un bipartito do PSdeG-PSOE e BNG. Un fracaso que tivo a súa orixe en Vigo, onde os populares cederon tres actas aos socialistas, mais tamén en Pontevedra onde os nacionalistas gañáronlle […]

Onte 1336: O caso Caballero

A vitoria esmagadora de Abel Caballero non se debeu só ao carácter viguista da súa posición política (un xeito de cantonalismo decimonónico, non exento dalgúns argumentos comprensibles sobre a «marxinación» do Vigo metropolitano actual) nin sequera polos programas de transformación do viario urbano con criterios de xardinaría familiar. Por razoables que semellen estas cuestións non abondan […]

Onte 1335: A derrota de Feijoo

Tres conclusions tiradas a correr, tras a noite de resultados das municipais de onte: unha, Feijoo sofre a súa peor derrota; dúas, triunfan os bos proxectos municipalistas, tanto os vellos coma os novos; e tres, as candidaturas de unidade cidadán do procomún, transversais e autenticamente abertas, ofrécense como modelos para as Xerais e Autonómicas. Unha. Feijoo […]

Campo de Fragoso CLXIV

TEMPADA GRANDE A grande remontada diante do Espanyol foi unha síntese da tempada grande, moi grande do Celta de Berizzo, que con 51 puntos finaliza oitavo, mellorando a posición e puntuación da pasada de Luis Enrique, demostrando que continúa sendo o cabezaleiro indiscutible do fútbol e canteiras galegas. Coma sucedeu ao longo dos pasados nove […]