Onte 1337: Mudanza na Deputación

depoOutro dos fracasos de Feijoo foi a perda da Deputación de Pontevedra, que pasará a ser presidida pola viguesa Carmela Silva e, probablemente, gobernada por un bipartito do PSdeG-PSOE e BNG. Un fracaso que tivo a súa orixe en Vigo, onde os populares cederon tres actas aos socialistas, mais tamén en Pontevedra onde os nacionalistas gañáronlle outra, o que xubilará a Rafael Louzán, que o domingo tamén perdeu en Ribadumia, o seu concello. Esta mudanza na Deputación de Pontevedra será unha oportunidade para recuperar o proxecto de Área Metropolitana de Vigo, onde tras estas municipais, socialistas, nacionalistas e mareantes son clara maioría. Cambio que facilitará a posta en marcha de novas políticas en cuestións tan diversas e básicas nas que ten competencia a administración local provincial como o emprego, os servizos sociais, as infraestruturas básicas (camiños e estradas), o medio ambiente, o turismo (Aeroporto de Peinador), a cultura (Museo de Pontevedra), a lingua (Servizo de Publicacións), o deporte (Estadio de Balaídos), o patrimonio (Castelo de Sutomaior), a educación, a infancia, as novas tecnoloxías e tantas outras. Faltan días para que nos poidamos facer unha idea da transcedencia da mudanza histórica nunha institución que xestiona un orzamento de 148 millóns de euros (18 millóns en investimentos) e que durante máis de tres décadas foi couto vedado da dereita e da súa política clientelista. Agoiro importantes resistencias na propia institución.

2 comentarios
  1. Mitago
    Mitago Dice:

    Como no tema da nova praza de Peniche, estou tamén totalmente de acordo contigo. Unha verdadeira oportunidade de acabar cunha forma clientelista e partidista de utilizar unha institución – que por certo había que eliminar – en beneficio propio. Aínda recordo como funcionaba nos tempos aciagos en que foi o seu presidente aquel alcalde con sobrepeso do Porriño do que non quero recordar o seu nome. Sinto como si chegara por fin á hora de desaloxar a cova de Alí Babá.

    So engadiría que isto non sería posible sen o crédito aplastante que Vigo acaba de poñer nas mans de Caballero e do PSOE

    Responder
  2. Costadamorte
    Costadamorte Dice:

    Non acredito en moitas mudanzas…, coñecendo o clientelismo municipal de Caballero e Carmela…, sospeitando a impotencia do BNG polas aciagas perspectivas…, e coñecendo ben a tristísima experiencia das deputacións de Lugo con Besteiro e mais ainda, da da Coruña con Moreda…
    Abandoade toda esperanza!…

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará