Entradas por bretemas

Onte 1447: Plan de fomento do libro

Do debate cos partidos políticos organizado pola Federación de Gremios de Editores sobre a súa proposta de poñer en marcha un plan de fomento do libro e da lectura recollo apenas as posicións do partido do goberno sobre as bibliotecas e as librarías. Non me sorprende que o Partido Popular continúe teimando, como ven facendo dende 2012, en suprimir […]

Onte 1446: Caligrafía pola unión

A hora e media de debate na Radio Galega sobre o proceso de confluencia arrefriou o meu optimismo sobre as posibilidades dunha candidatura unitaria galega para as Xerais do 20 de decembro. Unha decepción que compartín onte con moitas amizades que expresaban o seu fastío por non ter identificado nas intervencións dos participantes a actitude cooperativa e […]

Onte 1445: Datos da edición en galego 2014

A publicación da Panorámica de la edición española de libros 2014, o informe estatístico de referencia elaborado polo Ministerio de Cultura a partir dos rexistros do ISBN, achega os datos claves da produción do libro galego do pasado ano. Sen dubida o primeiro que chama a atención é o aumento de títulos publicados, 1763, que […]

Onte 1444: Principio de Arquímedes

Leo con interese unha entrevista que un medio colombiano fixo a Manuel Gil, unha das persoas que reflexiona sempre con maior radicalidade sobre o proceso actual de hibridación da lectura e da industria editorial. Gil resume o seu diagnóstico/prognóstico no que denomina «Principio de Arquímedes da industrial editorial»: «Conforme emerxa o libro dixital, o libro […]

Onte 1443: O doutor dos microscopios

Coñecín onte nun xantar ao doutor Tomás Camacho, director do laboratorio Lema e Bandín, toxicólogo de prestixio internacional e coleccionista de microscopios. Fascinoume o relato que nos fixo da súa última adquisición en Ebay, o microscopio de Leeuwenhoek. Unha historia rocambolesca e divertida, dende a súa aparición enterrado nas canles de Delf, a cidade do pintor Veermer […]

Candidatura galega

No artigo da semana no Faro de Vigo reflexiono sobre o proceso de conformación dunha Candidatura unitaria galega. Son cada vez máis propicios os ventos para a formación dunha candidatura galega que participe con garantías de éxito nas eleccións Xerais. Unha única candidatura galega que alicerzada nun amplo movemento cívico de sensibilidades plurais teña por […]

Onte 1442: «Unha segunda oportunidade»

Volvimos aos Norte con outra dinamarquesa: Unha segunda oportunidade da Susanne Bier. De novo enfrontámonos a dilemas morais sobre valores básicos como os que arroupan a paternidade e maternidade «desexada» ou a fraxilidade de persoas dunha peza, como Andreas, o policía interpretado de forma moi convicente polo famoso Nicolaj Coster-Waldau, o Jamie Lannister de Xogo de […]

Campo do Fragoso CLXVI

UNHA LECCIÓN DE PACO HERRERA Paco Herrera é un dos adestradores que deixou máis pegada na bancada de Balaídos. Abondáronlle apenas dúas tempadas e media, incluídas a da final perdida do play-off e a do último ascenso tras cinco tempadas en segunda, para converterse nunha figura querida e respectada pola bancada celeste que o considera […]

Onte 1441: Defensa do ceo nocturno

Esa fonte de coñecemento que é Martin Pawley desvelounos unha iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñésa Ío para que o Parlamento de Galicia faga unha declaración institucional en defensa do ceo nocturno, na liña da «Declaración de la Palma» (207). Esta é unha cuestión referida tanto a un dos dereitos da humanidade, o de contemplar un […]

Onte 1440: «Mañana cuando me maten»

Lin estremecido, case dunha sentada, Mañana cuando me maten, o libro de Carlos Fonseca sobre as derradeiras execucións do franquismo hai corenta anos. Utilizando os procedementos do xornalismo narrativo, que aproveita os recursos da ficción para contar unha historia real, Fonseca reconstrúe os acontecementos que levaron a aquel 27 de setembro de 1975 no que fusilaron a dous […]