Onte 1453: «Muros de aire» de An Alfaya no Café Badía
Inauguramos onte a tempada literaria de presentacións en Vigo no Café Badía dos Caños. Case un cento de persoas ateigaron o tan acolledor espazo dos nosos amigos Menchu e Marcos Calveiro para participar na estrea de Muros de aire, a novela máis recente de An Alfaya. Un excelente serán literario a cuxo inicio lembramos con gratitude […]

