Entradas por bretemas

Tras a crueldade de abril

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre as mudanzas que esta provocando a pandemia Na terceira semana da corentena os paxariños volveron ás tileiras conservadas ao comezo da Gran Vía. Escoitar os seus rechouchíos dende o balcón pareceume un agasallo da natureza contra a tristeza e o pesimismo, un pequeno […]

Pautas para reducir o impacto psicolóxico do confinamento

O SERGAS, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, publicou onte un valioso documento que ten por obxectivo proporcionar á poboación ferramentas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento por Coronavirus. Polo seu interese resumimos tanto as recomendacións xerais como aqueloutras especificas para persoas con diversidade funcional e para os nenos […]

Aplausos

Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo á cerimonia vespertina do aplauso sanitario Nas rutinas familiares da corentena o momento máis agardado da xornada é o do aplauso vespertino das oito. Apenas un par de minutos de apoio mutuo nos que a veciñanza se recoñece e saúda en fiestras e balcóns e celebra a […]

A xestión das emocións na corentena

Nesta situación excepcional de confinamento, os pais e nais das crianzas de Educación Infantil e Primaria, ademais de organizar as rutinas diarias, conservando os seus hábitos de alimentación, lecer e sono saudables, son as pezas fundamentais da súa seguridade afectiva e desenvolvemento emocional. Os menores non son alleos ao que está sucedendo e nesta situación […]

O xogo do coronavirus e outros recursos na rede

Entre os recursos dispoñibles na rede para crianzas sobre o coronavirus e a corentena na casa paga a pena recomendar media ducia dos que consideramos de maior interese para o noso alumnado de Infantil e Primaria. 1–. «O xogo do coronavirus», vídeo dun minuto e medio de duración. Creado polo enfermeiro Santiago Santana na canle […]

Persoas adolescentes na corentena

Polo momento evolutivo no que se atopan tampouco é doado para as persoas adolescentes pasar un mes sen saír da casa, sen facer deporte, sen acudir ao seu centro escolar ou sen estar a carón das súas amizades. A corentena é un tempo difícil tamén para elas. Os medios de comunicación achegaron diversas recomendacións ás familias […]

Circulación de persoas do espectro autista

Alba Toba López, catedrática de Dereito Administrativo da USC, publica un chío que informa sobre a publicación no BOE do venres 20 de marzo dunha instrución do Ministerio de Sanidade pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVI-19. En concreto, establece no seu artigo segundo que […]