Entradas por bretemas

Onte 2105: «Patio de luces» de Érica Esmorís

Sigo con grande interese cada un dos libros de Érica Esmorís, desde que en 2015 publicou Ulises e as cronoamigas. Aventura nos 50: Surfistas en California (Sushi Books), o primeiro título dun proxecto de serie para a rapazada preadolescente, ilustrada polo xenial Jacobo Fernández Serrano, que a pesar da súa gran calidade e orixinalidade textual […]

Onte 2104: «A parte queimada» de Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga é un dos escritores que mellor teñen explorado na literatura galega as marxes dos xéneros narrativos. Cada unha das súas entregas sorprende pola súa ollada temática ou pola súa estrutura orixinal na que adoita mesturar a súa experiencial vital coas súas múltiples lecturas literarias e políticas. Un procedemento que explorou nas súas entregas […]

Onte 2103: «Unha mente que voa» de Xurxo Mariño

Un dos avances colectivos da edición en galego recente é o do inicio dun catálogo de ciencia e divulgación científica, unha carencia endémica do sector.  Aos títulos daquelas impresionantes coleccións de Kalandraka (2012) de inventarios ilustrados e animais extraordinarios, edicións pioneiras e preciosas como todas as da editora pontevedresa, engadíronse en 2016 a apertura da […]

Onte 2102: «Fábulas contadas» de Gonzalo Navaza

Gonzalo Navaza, o noso sabio das palabras, consegue que cada un dos seus libros sexa un tesouro, unha arca única e moi valiosa. Fíxoo cando coordinou o equipo do Pequeno Dicionario Xerais da Lingua (Xerais 1988), o libro máis vendido da historia en galego. Fíxoo con A torre da derrotA (Xerais 1992), poemario en versos […]

Onte 2101: «O souto dos catro ventos» de María Oruña

Como editor defendín durante décadas o criterio de que só en casos excepcionais se debían traducir para o galego obras literarias publicadas orixinalmente en castelán. Sen dúbida este é o caso singularísimo d’ O souto dos catro ventos (Aira, 2020), a novela galega da viguesa María Oruña arredor da lenda dos nove aneis dos bispos […]

Onte 2100: Debate sobre a educación plurilingüe en Galicia

 Moderei onte o debate da segunda xornada do ciclo Educación Plurilingüe: achegas para un debate organizado polo Consello da Cultura Galega con motivo dunha década do Decreto 79/2010 de Plurilingüismo. Hora e media moi interesante  na que Valentina Formoso, María López Sández e Xaquín Loredo abordaron a situación da educación pluringüe en Galicia e […]