Entradas por bretemas

José Gil, pioneiro do cine

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de José Gil, fotógrafo e precursor do cinema en Galicia: Entre as publicacións recentes da bibliografía viguesa destaca Nos días encantados de agosto (Galaxia 2022), unha biografía de José Gil preparada por Manolo González. Un libro referencial para desvelar o ronsel esquecido do precursor […]

Onte 2156: «Pequena historia de Vigo»

Gustoume o resultado da colaboración creativa entre o escritor Pedro Feijoo e o ilustrador e creador de banda deseñada Xosé Tomás en Pequena historia de Vigo (Edicións Embora 2022). Un álbum que sintetiza en dúas ducias de dobres páxinas os tópicos esenciais da historia de Vigo, dende o seu carácter castrexo até cidade da movida […]

Onte 2155: «Vémonos mañá» de Xosé Monteagudo

Cando fun recoller os primeiros exemplares de Vigo, abella da ribeira (Xerais 2023) tiven a fortuna de levar tamén un de Vémonos mañá (Xerais 2023), libro co que Xosé Monteagudo se incorpora ao catálogo de Xerais Narrativa. Confeso que lin de dúas longas sentadas esta novela engaiolante sobre a relación dos pontevedreses Josefina Arruti Viaño […]

Celso Emilio, fillo adoptivo de Vigo

No primeiro artigo do ano en Faro de Vigo propoño que Celso Emilio Ferreiro sexa declarado fillo adoptivo de Vigo e se recupere o premio internacional CEF de poesía: Unha das novas culturais viguesas recentes é o rescate dos poemas prohibidos de Celso Emilio Ferreiro (CEF) promovido polo Colexio de Procuradores de Vigo presidido por […]

Feliz 2023

 Neste 2022 de ballóns continuamos a tradición de celebrar o serán de San Silvestre coa música do grupo dos manchesterianos irmáns Gallagher. Desta volta facémolo con «Stop Crying Your Heart Out», tema que corresponde co nivel de suave melancolía das rúas viguesas arestora. Os meus mellores votos para un 2023 no que as luces […]

Trece noites, trece lúas

No espazo da semana en Faro de Vigo ofrezo a miña nadaliña cos meus mellores votos: Trece noites, trece lúas conforman o tempo mítico de Nadal, dende a Noiteboa do 24 de decembro até a Epifanía ou Día de Reis do 6 de xaneiro. Trece días dun tempo sagrado sen que maxia nin bruxaría teña […]

A Coruña, cidade intelixente

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a elección da Coruña como sede da AESIA: Fomos moitos os vigueses que recibimos con admiración e un chisco de envexa a recente elección por parte do Consello de Ministros da Coruña como sede oficial da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia). Unha escolla […]

Amigos da Arte

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro do historiador José Luis Mateo Álvarez sobre a Sociedade de Amigos da Arte de Vigo, 1931-1941: O historiador José Luis Mateo Álvarez, membro moi activo do Instituto de Estudios Vigueses, tras o libro e a exposición sobre a Escola de Artes e Oficios (1886-1976) […]