Entradas por bretemas

Onte 960: Tobaruela e os heterónimos

Presentamos no serán de onte na Feira do Libro de Compostela Vapor, a novela coa que Pere Tobaruela desvela o seu heterónimo feminino de Lea Tobery. Un xogo literario, iniciado coa publicación da novela Resurrección, de quen a presentadora, a escritora Ledicia Costas, definiu con ironía como «un mentireiro divertido, que gusta de engaiolar ao […]

Onte 959: Máis sobre a Xeración da Esperanza

Tras diversos comentarios e conversas comprendín que non estiven moi acertado cando definín a Xeración da Esperanza só polo criterio da idade. Sen dúbida é máis axeitado para confeccionar esta nómina de narradores e narradoras utilizar a data da súa primeira publicación individual arredor do inicio do novo século. Dese xeito, á relación anterior habería […]

Reimprímete

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o proceso de hibridación do sector do libro, ao fío da celebración do foro Reimprímete. Con motivo do Día do Libro, o pasado 23 de abril vinte organizacións empresariais e profesionais relacionadas co sector do libro e do produto gráfico celebraron en Compostela o foro […]

Onte 958: Detrás de PISA

Grazas a un chío do profesor Xosé Antonio Fraga lin onte unha reportaxe sobre o informe PISA, unha desas pezas xornalísticas que non deben pasar desapercibidas. É clarificador como se relata o proceso que levou a unhas probas nacidas en 2000 como ferramenta para diagnosticar fortalezas e feblezas dos sistemas educativos da OCDE a converterse nun importante negocio xestionado […]

Onte 957: Máis libros do ano

Veu esta fin de semana chea de boas noticias de premios. Tras o anuncio do da Crítica 2013 no eido da poesía para Raíz da fenda de Berta Dávila, onte se realizou o ditame dos Losada Diéguez que foron para duas obras editadas por Xerais, Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias, na categoría de Creación, e […]

Onte 956: «O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha»

Memorable foi a presentación de onte na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo d’ O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte, o libro de Irene e Rodrigo Pérez Pintos. Cento e moitas persoas seguiron as intervencións de Pablo Carrera, Pilar Barreiro e os autores sobre un libro tan singular na edición galega coma […]

Onte 955: «A viaxe de Gagarin»

Chegaron onte os primeiros exemplares d’ A viaxe de Gagarin, a nova novela de Agustín Fernández Paz que publicamos en Xerais Narrativa. Xaora, Agustín abriu o Blog Gagarin coa intención de compartir cos lectores e lectoras da novela a rica e amplísima documentación (textual e audiovisual) utilizada na súa escrita. Sen dúbida, este blog constituirá […]

Onte 954: Se non hai vento, vogar

Excelente resultou a iniciativa do Fóro Reimprímete, coa que onte vinte organizacións empresariais e profesionais relacionados co sector do libro e a cultura gráfica celebramos en Compostela o Día do Libro. Con espírito mancomunado e corresponsable reclamamos no actual proceso de hibridación da comunicación cultural e educativa a recuperación efectiva do carácter estratéxico do sector […]

Onte 953: Día da Terra

Éche unha coincidencia para pensar moito sobre ela, que antes do Día do libro celebrásemos onte o «Día da Terra», unha oportunidade para alertar e tomar conciencia sobre a crítica situación medioambiental do Planeta. Abraioume unha anotación do blog de Greenpeace España sobre o proceso de mudanza (por agora inevitable) da península ibérica cara un […]

Onte 952: Xeración da esperanza

Na excelente crítica d´ Os santos nunca dormen, a primeira novela en Xerais Narrativa de Teresa González Costa, o incansable Manuel Rodríguez Alonso adscribe á autora do Grove no que denomina »Xeración do novo século». Máis alá da inevitable polémica xeracional, o de MAR paréceme un sintagma axeitado para chamar a atención sobre un gran grupo de […]