Entradas por bretemas

Onte 992: Admirado Fernando

Fernando Vázquez repetiu a proeza do ascenso. Como xa fixera co Lalín, co Racing de Ferrol e despois co Celta, a quen levou de segunda a Champions, o Deportivo recupera da súa man a primeira categoría. Axeitándose ao cadro mutante de xogadores do que dispoñía, a pesar da crise societaria máis grave da historia deportivista, […]

Onte 991: Tarde en Soutomaior

No acougo do formidable castelo de Soutomaior, ao pé do máxico monte da Peneda e co arrecendo do fondo da ría, tras o convivio dun xantar farturento e sabedeiro, os tres xurados dos premios Xerais 2014 escolleron as obras finalistas. Para min é un dos momentos inesquecibles de cada ano na editorial, unha tarde de intenso traballo […]

Onte 990: Preferentistas

No serán de onte vin a enésima manifestación dos preferentistas diante da porta da sede da Caixa en Vigo. Non chegaban a un cento. Berraban e berraban: «Hasta los cojones de estos ladrones», «Si se puede, si se puede…». Faro anuncia esta mañán a disolución das plataformas de Vigo e da Coruña, «ao considerar que […]

Onte 989: Pedro Petouto en Vigo

Excelente presentación na Feira do libro de Vigo da quinta edición de Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, o libro narrativo de Xesús Alonso Montero, actual presidente da Real Academia Galega. Iniciou o acto o profesor Modesto Hermida que abordou os valores literarios dunha obra que definiu como «pequenísimo libro, compendio xigantesco de […]

Onte 988: O fío do vermello de An Alfaya

A editora Helena Pérez e o escritor Antón Garcia Teijeiro presentaron onte O fío vermello, o libro máis recente de An Alfaya publicado por Xerais na coleccíon Merlín. Comezou o seu discrso Antonio expresando a sua convicción de que a literatura debe estar cerca dos nenos, dos lectores en formación. Confesou sentirse identificado coa concepción […]

Onte 987: Podemos gaña en Navia

O feito de que Podemos gañase as Europeas en Navia non debe pasar desapercibido. Esoutro novo Vigo, un polígono de vivendas de promoción pública e cooperativa, cunha poboación que ten a media de idade máis baixa de Galicia, está chamado a marcar as tendencias do voto da xeración de menores de 40 anos. Nas últimas […]

Catro décadas na Alameda

No artigo da semana en Faro de Vigo animo a participar na Feira do Libro de Vigo que se celebra esta semana na Alameda de Vigo. Teño querenza pola Feira do Libro que se celebra nos xardíns da praza de Compostela. O venres inaugurouse a cuadraxésima edición na que se abandona a súa tradicional convocatoria […]